⇑⇑⇑ Desprazámonos a Figueira de Castelo Rodrigo para asistir ao encontro SciCom Portugal, da Rede Portuguesa de Comunicadores de Ciencia. Entre amendoeiras, o viño Pinking, e estrelas conversamos con Pedro Russo (Universidade de Leiden), Maria Vicente (Plataforma de Ciencia Aberta de Figueira de Castelo Rodrigo), Ana Godinho (xefa de comunicación do CERN), Ricardo Brandao (Hospital de animais salvaxes da Serra da Estrela CERVAS) e coa nosa colaboradora Joana Magalhaes.
A comunicación da ciencia en España, Portugal e Brasil [versión completa]
Tamén reunimos nunha mesma mesa aos responsables das asociacións de comunicación científica de España, Portugal e Brasil: Antonio Calvo Roy (AECC), Joana Lobo Antunez (SciComPt) e Luisa Massarani (Instituto Nacional de Comunicação da Ciência e Tecnologia).
A evolución no laboratorio recoñecida no Nobel de Quimica 18
Miguel Alcalde (ICP-CSIC) e Esteban Fernández Moreira (Universidade de las Américas) debullan para nós a evolución dirixida de enzimas e anticorpos que merceu o premio Nobel de Química 2018.