Open Science Cambre
Iniciamos tempada desde o “Open Science Cambre” onde coñecemos que é o biohacking con Cristina Hernández do BIFI (Instituto de Biocomputación y Física de Sistemas Complejos – Universidad de Zaragoza). Tamén conversamos con José Viñas (profesor do IES David Buján de Cambre), Hugo (director da “Open Science Cambre”), María Luque (participante na feira, instituto Kursaal de Algeciras) e Cristina Pavisic (Instituto de Instrución Superior Galileo Galilei de Jesi-Italia).
Inmunoterapia contra o cancro
Amaia Lujambio é investigadora do Hospital Monte Sinai de Nova Iorque e especialista en cancro de fígado. Con ela debullamos o Nobel de medicina 2018 a James P. Allison e Tasulo Honjo polos seus traballos na inmunoterapia do cancro.
AMIT en A Coruña
Coñecemos o encontro da AMIT (Asociación de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas) da man da nosa colaboradora Joana Magalhaes e Ana Jesús López (presidenta de AMIT-Galicia).
Previa Noite Efervescente
Co noso estreleiro Martin Pawley presentamos a VI Edición da Noite Efervescente que habemos celebrar en Guitiriz.