Efer 437 (6-5-18): Unha tarde no lab de antropoloxía física con Olalla López Costas

Pasamos unha tarde entre ósos e historias coa antropóloga física Olalla López Costas no seu laboratorio. Olalla é investigadora do grupo “Ciencia do Sistema Terra” da Universidade de Santiago de Compostela e especialista en paleodieta. Polas súas mans teñen pasado ósos dos principais xacementos galegos entre eles ós da Lanzada ou do Guidoiro Areoso. Contamos co testemuño de Rafael Rodríguez e Patricia Mañana respectivos directores das escavacións nestes xacementos. O traballo de Olalla serviu para identificar unha mandíbula atopada no Guidoiro como o primeiro resto humano que se conserva en Galicia da Idade de Ferro.
O mito da peleodieta en nutrición, o descoñecido millo miúdo, os ósos radioactivos de a Lanzada, a práctica da antropoloxía física, as historias da xente común que contan os ósos, os isótopos que delatan a fonte de auga que bebes ou a túa dieta, o enigma das viquingas contaminadas por metais,… Esta tarde no laboratorio deu para moito.

“Dream Team” de xenetistas espallan o seu coñecemento

Catoira acollerá un curso de extensión universitaria da Universidade de Vigo sobre xenética cos mellores especialistas do país. Unha oportunidade única aberta a público non especialista que nos presenta o catedrático de xenética Armando Caballero.

A %d blogueros les gusta esto: