As pedras de granito coas que está construído boa parte do noso patrimonio son atacadas por consorcios de algas, bacterias e outros organismos. O proxecto “Light4Heritage” estuda como a luz artificial pode modular o crecemento destes colonizadores. Tras os test no laboratorio agora os investigadores ensaian nun entorno real sobre 3 paredes de monumentos composteláns. Achegamos os nosos micros ao Departamento de Edafoloxía da USC para conversar sobre “Light4Heritage” con Patricia Sanmartín, Justo Arines, Rafael Carballeira e Javier Cancelo. Será a luz ornamental unha ferramenta de control do verdello ou o seu uso é incompatible coa loita contra a contaminación luminosa?
Portada galega en Science
O infografista e ilustrador galego Alvaro Valiño é o autor da portada e da imaxe do achado do ano da revista Science.
Vaso de viño cardiosaudable?
Se bebes viño a diario é dis que o fas pola túa saúde estás a caer nun mito que xa se desterrou hai tempo. Nolo conta Deborah García Bello. Aquí tes máis información.
O cheiro da choiva
En galego temos mais de 100 palabras para designar á choiva. Nesta edición de “Moléculas en Galego” Javier Balea desvela de onde sae o cheiro da chuvia.