Efer 377 (25-12-16): Enfermidades desatendidas

A médica Míriam Navarro traballa na loita integral contra o Chagas en España. Arancha Amor contra os parasitos en Etiopía. Alí teñen evidenciado a presenza de strongyloides, unha doenza esquecida ata na listaxe de enfermidades desatendidas da OMS.
Ambas pertencen á Fundación Mundo Sano – coordinada en España por Juan José de los Santos con quen tamén falamos – que pula por un mundo sen enfermidades desatendidas. Un de cada seis habitante do noso planeta sofre unha doenza desatendida de doada solución médica.

 

Albinismo: desde el Kilimanjaro hasta al CRISPR

foto-2

A farmacéutica Mafalda Soto (ponteensupiel.com) impulsa en Tanzania o proxecto Kilimanjaro Suncare, Kilisun. A parte mais visible é a produción dun protector para as persoas con albinismo africanas, pero hai moito máis. Mafalda Soto conversa co experto en albinismo Lluís Montoliu, investigador científico do CSIC no Centro Nacional de Biotecnoloxía. O grupo de Montoliu ten achegado importante coñecemento ao estudo desta condición xenética.

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.