Efer 360 (19-6-16): Culpable ou inocente por unha identificación de voz 1

7912137730_497489d68b_k

A identificación dunha voz nun xuízo está moi lonxe de ter a fiabilidade das probas de ADN. A investigación xornalística Hearing Voices pon enriba da mesa as posibilidades e eivas da fonética forense: Inocentes condenados por unha mala peritaxe de voz, técnicas forenses desfasadas, peritos sen formación… Conversamos co xornalista freelance Michele Catanzaro e con Jordi Cicres, director do ForensicLab da Universidade Pompeu Fabra.

 

A epidemia actual de obesidade é a orixe do aumento de casos de diabetes II na poboación. O grupo Diabesidade do CIMUS-USC, que dirixe Sulay Tovar, estuda os mecanismos que emprega o corpo para facer o balanzo enerxético e por que poden fallar.

 

LIGO ven de descubrir a súa segunda onda gravitacional. O físico mexicano Miguel Alcubierre describiu en 1994 como poderíamos facer para surfear estas ondas gravitacionais e viaxar aparentemente a velocidades hiperlumínicas ao máis puro estilo Star Trek.

One comment on “Efer 360 (19-6-16): Culpable ou inocente por unha identificación de voz

  1. Pingback: Efer 360 (19-6-16): Culpable ou inocente por un...

Comments are closed.

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.