Efer 356 (22-5-16): Virus que emerxen

SAMSUNG CSC

Son os virus emerxentes unha moda ou un perigo real? Que é o último que se sabe do ébola e o zika? Como loitar contra estes andazos? Conversamos coa viróloga Carmen Rivas do CIMUS que estuda vulnerabilidades do ébola en colaboración co Laboratorio de Virus Emerxentes de Hamburgo. Este laboratorio dirixido por César Muñoz Fontela é un dos poucos en Europa con nivel de bioseguridade P4. Se queres saber máis tamén podes escoitar estoutro podcast con Muñoz Fontela.

 

Iniciamos sección de Ciencia e Cinema con Martin Pawley. A primeira entrega ten este suxestivo título “De como a curiosidade astronómica axudou ao nacemento do cinema. E de como o cinema axudou ao progreso da astronomía”. Viaxaremos desde o revólver fotográfico de Janssen ata o filme “Barrabás” con eclipse incluída.

[actualización 26-5-16: O vídeo semella ser a secuencia dunhas tomas de proba simuladas que se atopan no observatorio de Paris. Para saber mais]

 

Cociñar non é outra cousa que facer química nun laboratorio que todos temos nas nosas casas, pero un factor que se nos esquece as veces é que debemos facelo con seguridade. E este é obxectivo do proxecto de divulgación “Cociña con Ciencia” do grupo de Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños do IIM-CSIC con apoio da FECYT. Estas listo para cociñar – con ciencia – co gran Pepe Solla?

 

“Carta ás estrelas” de Manuel María na voz de Belén Regueira con música do Juanjo Fernández Quinteto. Visto no blogue da Agrupación IO.

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.