As persoas maiores aman as cifras. Cando lle falades dun novo amigo nunca preguntan como é o son da súa voz nin cales son os seus xogos favoritos ou se coleccionan bolboretas.
Saint-Exupéry
Serían mais representativos os resultados electorais nun proceso electoral no que se fosen coñecendo cada 10 minutos en tempo real os resultados parciais da votación? Conversamos sobre esta idea e tamén de teoría de xogos, optimización, xadrez, como dividir un xeado matematicamente ,… con Julio González Díaz.
Julio González vén de rematar o seu contrato de investigador Ramón y Cajal na Universidade de Santiago no departamento de Estatística e Investigacións de Operacións. A investigación de operacións é unha rama das matemáticas que ten a súa orixe nas operacións militares da II Guerra Mundial. Os traballos actuais de optimización do noso invitado axudan, por exemplo, a mellorar a rede de distribución de gas.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/05/ENtre-JULIO-GONZALEZ-DIAZ-def.mp3]
Entrevista Julio González Díaz
Á Avoa de Einstein lle soaba a cara de Julio, sería por este vídeo?
.
Educabarrié, a canle educativa da Fundación Barrié, apoia diferentes iniciativas de difusión da ciencia entre a comunidade escolar. Unha delas é o Campus de Verán Xuvenciencia 2015 que terá lugar do 21 ó 27 de xuño no Campus de Lugo da Universidade de Santiago. Falamos con Mercedes Novo coordinadora de Xuvenciencia e coa profesora de veterinaria Maribel Quiroga. O prazo de inscrición remata o 10 de maio.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/05/MICRO-EDUCABARRIE-XUVENCIENCIA-15-def.mp3].
Completan este programa a Postal Planetaria das Esferas de Dyson e a primeira entrega da Rede Galega de Biomateriais. Velaquí tes o programa íntegro para escoitar, descargar, arquivar, compartir, agasallar,…
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/05/Efer-326-3-5-15.mp3]