Efer 316 (22-02-15): Puntos de vista

Ao carro da cultura española fáltalle a roda da ciencia

Santiago Ramón y Cajal

Marta I. González en Clacso TV

Hai diferenzas entre a ciencia producida por mulleres e por varóns? A cultura científica é algo mais que coñecer cuestións de ciencia escolar? Como se pode medir a cultura científica? Marta I. González (Departamento de filosofía da Universidade de Oviedo) é unha filósofa empírica; ademais de ler, pensar e escribir emprega as metodoloxías das ciencias sociais nas súas investigacións de CTS.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Entre-Marta-I-González-def.mp3|titles=Entre Marta I González def]

Entrevista Marta I. González

.

Nin o gran Galileo foi quen de medir a velocidade da luz. Tivemos que agardar ao astrónomo Ole Rømer e as súas observacións dos satélites de Xúpiter. Oswaldo González do Museo da Ciencia e o Cosmos de Tenerife invítanos a medir a velocidade da luz só cun telescopio e un reloxo. O “Proxecto Rømer” é unha iniciativa de ciencia cidadá do Museo da Ciencia e o Cosmos e o Instituto Astrofísico de Canarias.

Todo isto na Guía do Ceo de Febreiro con Martin Pawley.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/GUIA-DO-CEO-FEB-15-def.mp3]

Guía do Ceo Febreiro de 2015

.

Durante todo un mes Pontevedra vai ser o epicentro da divulgación científica no XVI Salón do Libro Infantil e xuvenil. Máis de 300 actividades para escolares, familias e profesores de literatura, ciencia e ciencia ficción. Imprescindible.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Presentación-Salón-do-Libro.mp3]

Presentación Salón do Libro Anxos Riveiro

.

O programa completo para compartir, poñer me gusta, difundir, descargar,…

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Efer-316-22-02-15.mp3]

Efer 316 (22-02-15)