Se a vostede lle presentan a un científico, non lle pregunte polo que sabe, senón polo que el quere saber. A conversa resultaralles moito máis proveitosa ós dous
Stuart Firestein
O programa máis entrañable da tempada efervescente é sempre a retransmisión da gala de entrega dos sétimos premios Ciencia que Conta. Dá gusto ver as ganas que lle botan as rapazas e rapaces participantes por construír un relato de temática científica en galego. Na sede da Fundación Barrié acompañáronnos algúns dos 345 participantes no concurso. Tamén contamos cuns invitados de luxo: a investigadora do Inibic Joana Magalhaes, o creador dos Bolechas Pepe Carreiro, o director xeral da Fundación Barrié Javier López, o neurocientifico do CSIC Luis Martínez Otero e o mago Miguel Ángel Gea.
Ciencia que Conta é unha iniciativa fantástica do grupo Divulgatia da Universidade de Vigo. En breve os relatos finalistas verán luz nun libro.
Estas son as adaptacións radiofónicas íntegras que fixemos dos relatos gañadores:
Categoría de alumnado de Educación Primaria
“A maxia do meu avó” de Lucía Álvarez Puga do CEIP Escultor Acuña de Vigo.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/Prim-CQC14-directo.mp3|titles=Prim CQC14 directo]Categoría de alumnado de Educación Secundaria Obligatoria
“Os embrións non saben que é sábado” de Antía López Pazó do IES Alexandre Bóveda de Vigo
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/SEC-CQC-14-def.mp3]Categoría de Alumnado de Bacharelato e Ciclos FP
“O descenso do ascensor paradoxal” de Álvaro González Leiro do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/Bach-CQC-14-def.mp3|titles=Descargar relato bacharelato]Categoría de público en xeral
“Eu mais ela, as tres” de Mauela Campos Agrafojo
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/Xeral-CQC-14-def.mp3]Velaquí tes o programa íntegro xa empaquetado para escoitar ou descargar:
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/Efer-306-14-12-14.mp3]Todas as fotos da entrada son de Paulino Pérez.