Efer 292 (5-7-14): Cooperación e eficiencia enerxética

Como podemos explicar que as matemáticas, un produto da mente humana independente da experiencia, se adapten tan admirablemente ben ós obxectos da realidade?

Albert Einstein

Foto de JonyCunha (CC BY-SA 2.0)

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Descargar SINC Anxo Sánchez Dilema do prisionero

Einstein non é o único gran científico sorprendido polo feito centos de veces constatado de que as abstraccións matemáticas moitas veces acaban tendo unha correspondencia co mundo real. Non deixa de ser abraiante que por exemplo o número φ, o número de ouro, se atope representado nunha folla de figueira, a cuncha dun náutilo ou mesmo  no rostro da Guioconda.

En Teoría de Xogos hai un problema clásico que se formulou nos anos 50 que é coñecido como o “dilema do prisioneiro“, e que nos seus inicios se empregou en estudos sobre unha posible guerra nuclear.

O dilema do prisioneiro pode enunciarse así: Imaxina que ti e un colega sodes detidos, acusados dun delito e pechados en celas incomunicadas. Nesta situación o fiscal ofrece o seguinte pacto:

– Se ti confesas e o teu colega non, ti quedas libre e a el cáenlle 10 anos.

– Se é ó revés, ti calas e o teu colega confesa, el queda libre e ti pasas 10 anos á sombra.

– Pero o quid da cuestión é, que se confesades os dous á vez, a pena imposta é de 6 anos de cadea, e se calades os dous so vos levades 1 ano.

O interesante deste problema é que a túa mellor resposta depende do que faga o teu compañeiro, cooperando minimizas danos, pero se o traizoas podes quedar libre se o teu compañeiro non fai o mesmo. Ti que farías?

Curiosamente este dilema matemático recorda moito ós grandes titulares de tribunais que estamos a ver na prensa estes días…

O estudo do “dilema do prisioneiro” segue proporcionando resultados interesantes, como os que vén de obter Anxo Sánchez sobre cooperación humana. Conversamos con Sánchez – Catedrático de Matemática Aplicada no Grupo Interdisciplinar de Sistemas Complexos da Universidade Carlos III – da man de Eva Rodríguez a raíz desta nova de SINC.

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

VI Workshop Atlántico de Economia Enerxética

Co laboratorio portátil da Radio Galega desembarcamos no “VI Workshop de Enerxia e Economía Ambiental” que se celebrou na Toxa o mes de xullo organizado por Economic for Energy. Puidemos conversar con Pedro Linares, Andreas Löschel, Ibon Galarraga y Juan Pablo Moreno sobre probreza energética, eficiencia, políticas de los planes “renove”,…

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Micro Barrié Proxectos Escolares

A covocatoria “Proxectos Escolares” é unha iniciativa da Fundación Barrié a través de Educabarrié para apoiar os mellores proxectos de innovación educativa que se levan a cabo nos centros escolares galegos. Un deles é “Ciencia Cidadá na escola” do IES David Buján de Cambre que coordina Xosé Viñas. A actual convocatoria está aberta ata o 14 de setembro de 2014.

E velaquí tes ao teu dispor o programa completo para escoitar, compartir, ou levar posto.

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Descargar Efer 292 (5-7-14)

 

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.