Efer 289 (14-6-14): O Señor dos Aneis Químico

As nosas facultades están mais equipadas para recoñecer a marabillosa estrutura dun escaravello que a do Universo

Charles Darwin

López Nicolás leva as ciclodextrinas ata nas camisetas

 

Un dos mais recoñecidos blogueiros de ciencia é @ScientiaJMLN  coa súa  imprescindible bitácora Scientia. Tivemos a sorte de que José Manuel López Nicolás visitase os nosos estudios en San Marcos e coñecese á Avoa de Einstein. Con el parolamos un pouco de todo, sobre as súas investigacións en ciclodextrinas – JMNL é profesor titular da Universidade de Murcia e investigador no grupo Bioquímica e Biotecnoloxía Enzimática -, a divulgación na rede, o marketing pseudocientífico,…

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/07/Entre-scientia-parte-1-def.mp3]

Entrevista  Scientia parte 1

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/07/Entre-scientia-parte-2-def.mp3]

Entrevista  Scientia parte 2

A Real Academia Galega de Ciencias homenaxea este ano ao entomólogo Luis Iglesias, alma máter do Museo de Historia Natural da USC que leva o seu nome. Conversamos con Miguel Ángel Ríos, presidente da Academia, e con Manolo Bermejo, Catedrático de Química Inorgánica da USC encargado da semblanza de Luis Iglesias no acto académico do “Día do Científico Galego“.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/07/Luis-Iglesias-MA-Rïos-def1.mp3]

Luis Iglesias con  Miguel Ángel Ríos

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/07/Luis-Iglesias-Manolo-Bermejo-def.mp3]

Luis Iglesias con Manolo Bermejo

 

Esteban Fernández caracterizado como Staphylococcus aureus

No Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreira falamos de teatro científico con Carmen Sigüenza organizadora das “Jornadas de Teatro y Ciencia de Mérida y Medellín”

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/07/Circo-de-bacterias_teatro-mérida_14-6-14.mp3]

Circo de bacterias Teatro Mérida

E velaquí tes ao teu dispor o programa completo para escoitar, compartir, ou levar posto.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/07/efer-289-14-6-14.mp3]

Descargar Efer 289 (14-6-14)

 

A %d blogueros les gusta esto: