O sol ó redor do que xiran tantos planetas non esquece de madurar un acio de uvas
Galileo Galilei
Foto Mariano Campoy
A enerxía que chega do sol á terra nunha hora é abonda como para cubrir as necesidades enerxéticas de toda a humanidade durante un ano. Un dos motivos de por que non temos os nosos tellados inzados de paneis solares fotovoltaicos é que son caros en comparación con outras fontes de enerxía.
Pero, que pasaría se aparecese unha nova tecnoloxía de fabricación de paneis solares que abaratase 10 veces o seu prezo? Nisto esta a traballar o noso invitado desta semana, Mariano Campoy, que é científico titular do CSIC no Instituto de Ciencias de Materiais de Barcelona.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/04/entre-mariano-campoy-def.mp3]
Mariano Campoy na Galega (esquerda)
Ciencia e arte
Marta de Menezes é unha artista plástica portuguesa que emprega como estudio de arte os laboratorios científicos. Davide Angheleddu é un arquitecto italiano que crea modelos virtuais de radiolarios inspirados no libro Kunst-Former der Natur de Erenst Haeckel para logo imprimir esculturas metálicas reais. A italiana Marilena Streit-Bianchi é membro senior honorario do Cern e comisaria da exposición “A orixe. Unha viaxe pola ciencia e a arte”.