Debémoslle lealdade ás especies e mailo planeta. Nos falamos no nome da Terra. Estamos obrigados a sobrevivir non so por nos senón tamén por este Cosmos – antigo e vasto – do cal emerxemos.
Carl Sagan
Os érbedos son uns arbustos de orixe mediterránea que tamén podemos atopar en Galicia. En Portugal cos seus froitos fan licores. Pero, como é posible que deran chegado a Irlanda e non se atopen no Reino Unido? Xabier Santiso – investigador de predoutoramento do grupo ECOTOX da USC e bolseiro Barrié – emprega a xenética e as matemáticas para estudar este pequeno misterio. Quizais o mito celta tamén atinxe ás sementes?
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/03/entre-xabier-santiso-def.mp3|titles=entre xabier santiso def]
Biocerámicas feitas con dentes de tiburón, epixenética contra o alzheimer, enfermidades raras,… O pasado xoves persoal de Biocaps participou nun seminario de habilidades de comunicación para investigadores. Alí levámolos micros de Efervesciencia para fabricar estas tres biocápsulas sonoras.
BIOCAPS quere poñer a Vigo no mapa mundial da biomedicina. Este proxecto financiado polo VII programa Cadro de investigación da Unión Europea está a reforzar a estrutura do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo no que participan tanto a Universidade de Vigo como o Complexo Hospitalario da cidade olívica.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/03/biocaps-1-def.mp3]
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/03/biocaps-2-def.mp3]
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/03/biocaps-3-def.mp3]
Outros contidos desta edición efervescente son unha nova entrada do “Diario dun neurocientífico ao redor do mundo” e a última Postal Planetaria de Borja Tosar.
E velaquí tes ao teu dispor o programa completo para escoitar, compartir, ou levar posto.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/03/Efer-277-8-3-14.mp3]