Efer 267 (28-12-13): Especial Fin de Ano

A natureza compón algúns dos seus mais belos poemas para o microscopio e o telescopio

Theodore Rosza

Este é un dos programas que mellor o pasamos porque contamos coa aliñación titular do noso equipo de divulgadores: Esteban Fernández Moreira, Bibiana García Visos, Irene Baspino, Martin Pawley, David Ballesteros, Wicho,  Borja Tosar e César Goldi.

Para repasar a mellor ciencia do ano 2013 tamén conversamos con Anxo Vidal, profesor da USC no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS), e Casto Rivadulla neurocientífico do grupo NEUROcom da Universidade de A Coruña.

E como guinda final tivemos a sorte de poder conversar coa señora Maruxa, percusionista de Os Rosales de Rianxo.  Curiosamente no seu DNI o seu nome figura como María Eclíptica Orbita!

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/03/Entre-Orbita-Ecliptica.mp3]

Entrevista a Eclíptica Orbita

Velaquí tes o programa íntegro ao teu dispor:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/03/efer-267-28-12-13.mp3]

Descargar Efer 267 (28-12-13)