Efer 243 (4-5-13): Ao rico tomate!

Continuamente debemos aprender a desaprender moito do que temos aprendido, e a aprender a aprender o que non se nos ensinou

R. D. Laing

Transxénicos ou ecolóxicos, cal vai ser a alimentación do futuro? Sobre esta apaixoante pregunta conversamos con José Miguel Mulet, investigador do Instituto de Biología Molecular y Celular de Plantas do CSIC-UPV, e autor do blog de divulgación Los Productos Naturales

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/entre-mulet-def.mp3]

Descargar entrevista a J M Mulet

.

No noso programa Wicho ten licenza para falar do que lle pete, e nesta ocasión faise eco da preocupación da comunidade internauta ante os inminentes cambios na lexislación da propiedade intelectual: que pasará coas obras producidas nas universidades? e coa copia privada? son estes cambios compatibles co open acces que promove a Unión Europea?

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/WICHO-propiedade-intelectual-def.mp3]

Wicho propiedade intelectual

Foto Asociación de Amigos da Casa das Ciencias

Con Martín Paeley de correspondente visitamos en directo a 18 edición do Día da Ciencia na Rúa orgnizado na Coruña pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/Directo-Día-da-Cienicia-na-Rúa-2013.mp3]

Directo Día daCiencia na Rúa 2013

.

É mais probable atropelar corzos un domingo de abril ao anoitecer. Eva Rodríguez, da axencia SINC, entrevista a Enrique Valero,  director do grupo de investigación de Enxeñería Agroforestal da Universidade de Vigo e participante nun estudo sobre accidentes de tráfico con fauna salvaxe.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/SINC-ATROPELOS-CORZOS-DEF.mp3]

SINC atropelos de animais

.

E velaquí tes o programa íntegro:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/Efer-243-4-5-13.mp3]

Descargar efer 243 (4-5-13)

 

A %d blogueros les gusta esto: