#modogatodeSchrödinger I: Astrobioloxía

Foto: NASA/JPL/University of Arizona

O último anuncio da NASA – polo momento – de presenza de auga líquida en Marte é unha boa oportunidade para repescar a charla sobre astrobioloxía que mantivemos con Alfonso F. Dávila (Instituto SETI) e Luis Gago da Universidade de Vigo hai uns meses. Aquí tes o programa 33o completo.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/10/Entre-Alfonso-Dávila-e-Luis-Gago-def.mp3]

Entrevista  Alfonso Dávila e Luis Gago

Bacterias que adelgazan… se es un rato e non comes comida lixo

Foto de Ducan Hull (CC BY 2.0)

 

Que pasaría se introducíramos bacterias intestinais de persoas obesas en ratiños de laboratorio? E de persoas delgadas? Isto é o que fixeron investigadores da Universidade de Washington. Comprobaron que estas bacterías poden modular o metabolismo dos ratos, é dicir, facer que engorden ou adelgacen segundo o caso. Os resultados veñen de ser publicados en Science. O domador do noso Circo de Bacterias, Esteban Fernández Moreira, cóntanos todos os detalles que teñen moita substancia.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/10/circo-de-bacterias-que-adelgazan-def.mp3|titles=circo de bacterias que adelgazan def]

Descargar “Bacterias que adelgazan”