Obradoiro “Comunicar ciencia na radio”

Cartel-ciencia-na-radio-2017-copy

 

Un ano máis poñemos en marcha o obradoiro «Comunicar Ciencia na Radio». Este obradoiro está pensado para investigadores, tecnólogos, innovadores, divulgadores,… e terá lugar o vindeiro venres 1 de decembro no estudio de radio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Gravaranse contidos que se emitirán en Efervesciencia. A inscrición é gratuíta e as prazas son moi limitadas.

Consulta as bases aquí. Podes apuntarte cubrindo este formulario ou escribíndonos a efervesciencia(pon aquí a arroba)gmail.com. Esta actividade enmárcase dentro do proxecto “Efervesciencia 17: X Aniversario” financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Economía, Industria y Competividad.

Preparando a Noite Efervescente e Astrogalicia 2016

Presentamos a Noite Efervescente e o Astrogalicia 2016, dúas actividades de astronomía para todos que han ter lugar no observatorio astronómico de Cotobade e no Náutico de Castrelo de Miño.

Noite Efervescente é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega e os seus «estreleiros», e no que participan as  Agrupacións Astronómicas “IO” e “Sirio“, e a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña.

A Noite Efervescente 2016 terá lugar no observatorio de Cotobade o sábado 8 de outubro ás 22 h. Estades todos invitados.

Al-Kimia: Prepara os teu polgares

11700985_1568015080178352_6139090194447535312_o

Alguén vén de roubar antigos documentos que conteñen o saber científico da humanidade.
Zósimo e os seus acólitos queren destruílos para sumir a humanidade nunha época de escurantismo e ignorancia.
Serás quen de atopar as páxinas perdidas do diario antes de que o faga o representante do mal?

Estamos encantados de facer a presentación mundial do videoxogo Al-kimia. E non foi un gran estudio que tivo a boa idea de facer un videoxogo no que esta de fondo a historia da química, senón a facultade de química da USC  co financiamento da FECYT. Conversamos coa súa decana Pilar Bermejo, e Beatriz Legerén que é profesora de videoxogos no departamento de comunicación audiovisual da Universidade de Vigo. Xa podedes comezar a darlle aos polgares e aos miolos aquí.

.

#modogatodeSchrödinger II: Prismáticos

Estamos a poucas horas de coñecer aos gañadores da edición 2015 dos Premios Prismas. Hai xusto un ano (Efer 302) pechamos  aos galardoados de 2014 nun estudio de radio, e isto foi que aconteceu:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/10/Tertulia-prismas-14.mp3]

Tertulia prismas 14