Programa 2: Evolución (29-10-06)

Comentamos nesta edición unha nova que apareceu no xornal que nos chamou a atención: unha suposto invasión de “víboras” en Oza dos Ríos. Co asesoramento do herpetólo Pedro Galán Regalado chegamos á conclusión de que se trata de inofensivas cobras. Para saber máis recomendamos o libro Guía de Anfibios e Réptiles de Galicia (Ed. Xerais) e vertebradosibericos.org

No tempo da entrevista tivemos o gustazo de conversar con David Posada, investigador Ramón y Cajal da Universidade de Vigo. Falamos de bioinformática, do virus causante da sida e de excepcións á universalidade do código xenético.

David Posada

David Posada

No primeiro concurso da tempada regalamos as dúas primeiras entradas para o cine. Contamos coa xentileza de Cines Yelmo Cineplex (A Coruña, Vigo e Lugo) e de Cines Valle Inclán (Santiago).

Programa 1: Hipótese (22-10-06)

Estreámonos falando sobre se é posible comunicar ciencia na radio. Estiveron connosco en directo a investigadora Tarsy Carballas -no estudo- e o alma mater dos museos científicos coruñeses Ramón Nuñez. Na sección aleatoria homenaxeamos os alumnos do centro O Pedroso de Santiago de Compostela por gañaren o VIII premio Luis Freire de investigación científica para escolares.

Tarsy Carballas co noso técnico Julio Diloy

Tarsy Carballas co noso técnico Julio Diloy.

 

Tarsy Carballas e Manuel Vicente

Tarsy Carballas e Manuel Vicente.