Programa 6: Ensinantes de Ciencias de Galicia (26-11-06)

Neste programa quixemos facerlles unha homenaxe aos profesores de ciencia. Esta semana celebrouse o XIX Congreso de ENCIGA (Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia) na vila Portuguesa de Póvoa de Varzim. Alí estivo Efervesciencia.

ENCIGA 06_1

Así mesmo, Marta Vila falounos en directo dende Barcelona sobre o congreso de herpetoloxía que alí se celebrou.

Programa 5: Nanotecnoloxía (19-11-06)

Contamos ao inicio do programa as dificultades con que se atopan os investigadores non comunitarios coa conversión das bolsas en contratos.

Conversamos con José Rivas, catedrático de Electromagnetismo da USC. Rivas introdúcenos nunha das ciencias emerxentes da actualidade: a nanotecnoloxía. O noso invitado é o responsable do Instituto Hispano-luso de Nanotecnoloxía de Braga, que actualmente está en fase de construción.

Rivas

Na “Sección Aleatoria”, Marta Vila entrevista o antropólogo experto en paleoxenética Carlos Lalueza Fox, da Universidade de Barcelona. Lalueza é o gañador do Premio Primas 2005 á divulgación científica, que convocan os Museos Científicos Coruñeses. O libro premiado Cuando éramos caníbales distribúese con La Voz de Galicia este mesmo domingo. 

Programa 4: Teatro e Semana da Ciencia (12-11-06)

Nesta edición de Efervesciencia falamos de teatro científico en directo con Mónica González. Mónica é responsable de promoción e cultura científica do CSIC en Galicia, e autora da obra Silencio, cerebro, acción.

Esta obra de teatro dirixida ao público infantil estase a representar polo compañía Buratini por toda Galicia co gallo da Semana da Ciencia. Larraitz Urruzola, de Buratini, contounos a súa experiencia co teatro de ciencia.

Buratini1

O rap do cerebro.

Larraitz, Pedro, Pablo -de Buratini-, e Mónica González (dereita atrás).

Por fin explicamos o misterio da cortina de baño. Isto valeunos para lanzar un concurso con premios interesantes: entrada gratis para os Museos Científicos Coruñeses durante un ano ou entradas para o cine en Lugo, Vigo e A Coruña (xentileza de Yelmo Cineplex) ou en Santiago (grazas a Cines Valle Inclán).

  • Programa 4 (12-11-06)
  • Programa 3: Cerebro e Semana da Ciencia (5-11-06)

    Ser investigador novo non é doado. Comentamos o futuro incerto dos investigadores doutores do programa Ramón y Cajal.

    A outra cara da moeda é o programa María Barbeito para investigadores predoutorais. Convértense en contratos as antigas bolsas de 3º e 4º ano de doutorado que outorga a Xunta de Galicia. O 62% dos contratados son mulleres. Estarase invertendo a proporción entre investigadores varóns e investigadoras mulleres? Ou ao avanzar na carreira investigadora as mulleres seguirán desaparecendo nun burato negro?

    Un dos actos centrais da Semana da Ciencia é unha tripla exposición sobre o Cerebro, da que son comisarios Casto Rivadulla, Xurxo Mariño -colaborador da Radio Galega nas Quimbambas, os martes sobre ás 18:00- Mabel Fraga e Rafa Sixto -especialista en historia da ciencia galega.

    Casto Rivadulla e Xurxo Mariño na exposición “A Máquina de Crear Realidades” en Pontedeume.

    No tempo da conversa falamos en directo con Casto Rivadulla sobre estas exposicións.

    Casto na Galega

    Como se establece o prezo do mexillón cando un barco con 15 toneladas de carga chega a porto?. Explícanolo na “Sección Aleatoria”  Gonzalo Temperán, profesor de matemáticas do IES Otero Pedrayo da Coruña, e Eva Mondragón, de OPMEGA. Gonzalo Temperán emprega este exemplo da vida real para explicarlles conceptos matemáticos aos sus alumnos. Máis información en www.douspierre.es