Efer 547 (18-2-21): Equalsea: O proxecto europeo para crear un mar equitativo cos grupos vulnerables

3:14 Previa da amartizaxe de Perseverance con Javier Pedreira “Wicho”
16:43 O investigador de economía aplicada da USC vén de conseguir co proxecto Equalsea unha cotizada axuda Consolidator Grant da UE para estudar como facer máis equitativos os beneficios dos océanos. O proxecto levarase a cabo en 5 anos en Galicia, a Amazonía e en África.
43:36 Co virólogo César Muñoz Fontela inauguramos sección: “Habelos hainos: historia dos virus”. Neste primeiro capítulo viaxamos de África a Estados Unidos coa febre amarela. César Muñoz Fontela traballa actualmente para a OMS desde Hamburgo (Alemaña) na loita contra a Covid.

Efer 546 (11-2-21): E se houbese partículas que se escapan aos detectores do LHC?

(4:04) O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Veñen de escribir a Science unha carta achegando novas análises ao papel dos supercontaxiadores.

(17:59) En ciencia hai cousas que non se atoan ata que se buscan. Os detectores do LHC en Xenebra non están deseñados para rexistrar a existencia de partículas de longa vida. Xabier Cid (IGFAE-USC) coordina a posta en marcha do novo detector CODEX. De atopar estas novas partículas hipotéticas, estás quedarían encadradas alén do Modelo Estándar e mesmo poderían achegar algo de luz sobre a natureza da materia escura.

(37:51) Pode influír a polarización da sociedade no grado de cumprimento das normas sanitarias contra a pandemia? A esta pregunta dá unha posible resposta unha publicación do Grupo de Física non Lineal da USC en Scientific Reports empregando as chamadas redes complexas. Para construír o modelo da sociedade empregaron a rede social twitter. Conversamos con Alberto Pérez Muñuzuri.
http://www.efervesciencia.org

Efer 545 (4-2-21): As secuelas tras a fase aguda da Covid con Sonia Villapol

Estaremos neste programa en Houston e Nova Iork.
(3:24) O virólogo Adolfo García Sastre cóntanos desde Nova Iork os resultados que veñen de publicar en Science sobre ensaios preclínicos en ratos e cultivos de posibles tratamentos para a Covid. Entre os fármacos que estudaron o que mellor funcionou en condicións de laboratorio foi a aplidina desenvolvida por Pharmamar. Só un 5% dos fármacos que superan a fase preclínica chegan finalmente ao doente logo de pasar os ensaios clínicos.
(19:14) Sonia Villapol é investigadora no Texas Medical Center en Houston especialista en microbiota e cerebro. Entre os seus intereses está o atopar biomarcadores de dano cerebral producido por exposición a golpes na cabeza, como ocorre en moitos deportes. Durante esta pandemia Sonia reenfocou a súa liña de investigación cara a Covid e xogou un papel moi activo en comunicar á sociedade ós avances científicos nesta área. Vén de publicar unha revisión sistemática dos efectos persistentes da Covid, o 80% dos doentes analizados amosan secuelas logo da fase aguda da enfermidade.
(40:53) Non é o mesmo ler negro sobre branco que branco sobre negro. Nin ler un texto no exterior que no interior. Desde Nova Iork aténdenos José Manuel Alonso, investigador no College de Optometría da Universidade Estatal de NY, para contarnos os seus últimos achados sobre a visión e o contraste.
http://www.efervesciencia.org

Efer 544 (28-1-21): A patente que extrae antiséptico do bagazo do albariño

(1:46) As consecuencias do confinamento duro nas aves poden ter signos opostos segundo nos comenta o noso paxareiro Nacho Munilla. Convidamos tamén ao biólogo Tino Quintela que en breve comezará na Universidade de Vigo un contrato Marie Curie para estudar organismos dos solos degradados tropicais en Borneo.
(2:56) Previa da Regueifa de Ciencia “Estamos a crear un mundo tóxico?,” con Moisés Canle, Juan Manuel López Nicolás e Dolores Romano.
(32:05) No espazo dedicado ao GAIN (Axencia Galega de Innovación) Luisa Boquete explícanos o programa de axudas para fomentar a participación dos axentes galegos do sistema de I+D nas convocatorias europeas Horizonte 2020. Unha modalidade desta iniciativa permite rescatar proxectos galegos que conseguiron un selo de excelencia da EU pero que quedaron sen financiamento.
(39:24) Un exemplo desta repesca das axudas europeas é a spin-off I-Grape Laboratory. Juan Verdes explícanos como valorizan os restos do bagazo da uva albariña para extraer os compoñentes antisépticos e antioxidantes para crear produtos hixiene animal.
http://www.efervesciencia.org