Efer 376 (18-12-16): Radio-actividade no estudo

Conversamos cos participantes no “6º Obradoiro comunicar ciencia na radio” que organiza Efervesciencia. Unha interacción na ondas entre unha bióloga, unha avogada, unha psicóloga, un científica do mar, unha formadora e un biólogo.

 

O videoxogo que analiza a túa empatía facial

Co psiquiatra Alejandro García Caballero saberemos como un videoxogo pode axudar a expresar emocións a pacientes con esquizofrenia para mellorar as súas habilidades sociais.

 

Como evitar que cada ano che toque o mesmo amigo invisible

Co enxeñeiro de telecomunicación da Universidade de Vigo Martín López Lores explicamos porqué todos os anos che toca regalar á mesma persoa no amigo invisible.

 

Catro xogos de tecnoloxía creativa para este nadal

David Ballesteros recoméndanos catro xoguetes tecnolóxicos para agasallar estes días: desde a lupa USB ata a plastilina condutora. Creatividade para os mais inquedos da familia.

Efer 375 (11-12-16): Talento dentro da cámara anecoica

O doutor enxeñeiro en telecomunciacións Martín López Nores é unha estrela da televisión chinesa polas súas capacidades resolvendo sudokus 3D a cegas e outros complicados problemas de enxeño. Coñecemos a súa historia grazas a Talentogalego.com.

 

E así foi como acabamos todos xuntos nunha cámara anecoica nun programa cheo de conexións e nexos inesperados no que tamén participaron Leonor Parcero, Esteban Vázquez e Ignacio Jaúreigui. Aquí recollemos os chíos que xerou a emisión da Radio Galega.

Efer 374 (4-12-16): Os inimigos da pedra

SAMSUNG CSC

Para os galegos a pedra por excelencia é o granito. Esta rocha é a base de todo o noso patrimonio construído e ten varios inimigos naturais: os sales, as bacterias, os fungos,… Conversamos con Benita Silva, coordinadora do Grupo de Estudios Medioambientais aplicados ao Patrimonio da USC, que leva décadas aplicando coñecemento para protexer as nosas “pedras”. Cuestionarémonos se podemos saber como vai envellecer unha pedra de granito ou se está xustificada a limpeza da catedral de Santiago.

 

‘A burbulla da ciencia na tele pinchou’ conversa con @mimesacojea

SAMSUNG CSC

Conversamos con José Pérez Ledo sobre televisión, divulgación e escepticismo.

 

De Schiaparelli a “Escacharreli” con @Wicho

O noso espazotrastornado confeso Wicho de Microsiervos cóntanos o que hai atrás do accidente en Marte da sonda Schiapareli da ESA.

Efer 373 (27-11-16): Encher un lago con matemáticas

 

Conversamos con Elena Vázquez Cendón, investigadora do Grupo de Enxeñería Matemática da USC. Grazas á simulación numérica a industria resolve problemas, desde o enchido de lagos como o de As Pontes ata os programas de procesado de datos espectroscópicos que empregan os químicos en todo o mundo.
Coñecemos tamén os traballos dos matemáticos industriais Marcos LoureiroInstituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur – e Santi Pontes – Mestre Lab

 

Participa nun experimento cuántico: The Big Bell Test

Conspiran as partículas cando as medimos? Existe a acción fantasmagórica a distancia? Bohr ou Einstein? Marta García Matos do Instituto de Ciencia Fotónicas (ICFO) explícanos en que consiste o test de Bell e as súas implicacións filosóficas. No proxecto “The Big Bell Test” os xeradores de números aleatorios para realizar os experimentos de óptica cuántica han ser milleiros de voluntarios.

 

Forest 112: Unha aplicación para salvar un bosque

O proxecto de ciencia cidadá “Forest 112” proporciona unha ferramenta no noso móbil coa que podemos reportar nas nosas saídas ao campo especies invasoras e pragas. Cun pouco de práctica e coa axuda da aplicación aprenderemos a identificar a estes inimigos das nosas fragas. Conversamos con Javier Tabernero de Forest 112.