Efer 588 (9-3-22): Mira para arriba!

(2:39) Coa guerra na Ucraína case 700 ensaios clínicos van ser abandonados. Un deles é o promovido pola “startup” compostelá Oncostellae para testar o seu fármaco contra a colite ulcerosa. Trátase dun estudo clínico de fase II que ía levar a cabo QualitecFarma. QualitecFarma é unha CRO (Organización de Investigación por Contrato). Conversamos co seu CEO Óscar Mesa.
(14:01): Borja Tosar nunha nova postal planetaria analiza desde o punto de vista da ciencia a película de Netflix “Non mires arriba!”. Unha boa escusa para falar de asteroides, defensa planetaria, as iniciativas que temos en Galicia de detección de meteoros, minería espacial,…
(37:50) Historias de virus: Habelos hainos. A rabia. Con César Muñoz Fontela Este virus produce unha enfermidade letal no 100% dos casos. No século II un tratamento era botar aos doentes á auga. Afortunadamente hoxe contamos cunha vacina.
Nesta historia incorporamos a dramatización sonora que fixeramos no seu día para o relato “A peor das enfermidades” de María García González que gañou o concurso Ciencia que Conta na modalidade de bacharelato en 2012. Contamos coas voces dos nosos compañeiros Kiko Novoa, Amelia García Hevella e Anxo Quintela.

Efer 587 (2-3-22): Be Flow my friend!

(3:10) A invasión rusa da Ucraína está afectando xa á exploración espacial. Que vai pasar coa Estación Espacial Internacional? Javier Pedreira “Wicho” fainos un debuxo da situación actual.
(11:21) No espazo dedicado a GAIN a directora da Área de Programas da Axencia Galega de Innovación, Sabela Pardo, preséntanos “Conecta Covid”. Este programa é un liña de axudas para proxectos de I+D+i relacionados coa covid-19 orientados ao dobre obxectivo de facer fronte á pandemia e contribuír á transición dixital das empresas, especialmente das pemes.
(14:39) Nanofluidetec é un proxecto galego para desenvolver un prototipo de PCR de peto que conta con financiamento do programa “Conecta Covid” de GAIN da Xunta de Gálica. En Nanofluidetec participan AMS Labs, o grupo de Fluorescencia de Moléculas Individuais da USC e BFLow.
BFlow unha spin-off da USC e do IDIS especializada en microfluídica. Conversamos con Ezequiel Álvarez e Bruno Rodiño, co-fundador e xefe científico respectivamente de BFlow. Tamén nos atendeu desde Lugo o especialista en fluorescencia Wajih Al-Soufi.
(40:46) Eunice Newton Foot foi a invisible descubridora dos gases de efecto invernadoiro. Coñecemos a súa historia da man da investigadora de predoutoramento Marta López Mozos e o proxecto “Lanternas da Ciencia” do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC que coordina Jaime Amaro.

Efer 586 (23-2-22): Unha estela roxa no nacemento de Rosalía

(2:14) Katalín Karikó, a pioneira na tecnoloxía do ARN mensaxeiro que deu lugar as vacinas da Covid que tantas vidas teñen salvado, ten unha vida de película. Lluís Montoliu, investigador do CNB-CSIC, debulla as contribucións científicas de Karikó e a súa traxectoria. Victoria Pérez e César Goldi poñen as súa voz nas dramatizacións sonoras que ilustran esta historia.
(26:44) Christiane Dosne Pasqualine de 102 anos foi pioneira no estudo da leucemia en Arxentina. En “Christiane, o bio-musical científico” Belén Pasqualine homenaxea coa única axuda da súa voz e o seu piano á súa avoa. Na conmemoración do 11 de Febreiro o IGFAE, CIQUS e CIMUS programaron esta obra no Gaiás.
(40:00) A nosa Rosalía deixou escrito
“Ou ti!, roxa estrela
que din que comigo
naciche, poideras
por sempre apagarte,
xa que non pudeche
por sempre alumarme…!
Foi unha licenza literaria, unha referencia astrolóxica ou en verdade estaba a pasar algo singular nos ceos nesa época? Xabier Pérez Couto @astroxabi, e Martin Pawleiy @pauley investigaron a fondo e propoñen a hipótese da interpretación astronómica. Veñen de publicar os resultados na revista de estudos rosalianos “Follas Novas” https://follasnovas.rosalia.gal/wp-content/uploads/2022/02/VariaPawley-PerezCouto.pdf

Efer 585 (9-2-22): Pioneiras e descoñecidas

(3:39) A especialista en Historia da Ciencia Xoana Pintos e o xornalista Manuel Rey (con Eduardo Rolland) veñen de publicar sendas obras para visibilizar ás nosas primeiras científicas. Conversamos con eles sobre “Pioneiras da Ciencia en Galicia” e “Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Primeiras científicas na Universidade de Santiago”, ambos libros editados por Galaxia.
(45:14) A nosa colaboradora Joana Magalhaes xunto coa investigadora do grupo Nanotoxgen da UDC Vanessa Valdiglesias asinan un estudo de AMIT-Galicia sobre a presenza feminina na Real Academia Galega de Ciencias.