Programa 9: Solos (17-12-06)

Facémonos eco da presentación do libro Guía das Orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena.

A invitada no tempo de conversa é Eva Vidal. Eva é actulamente investigadora do programa Juan de la Cierva na Escola Politécnica Superior de Lugo da USC, aínda que está á espera de asinar un contrato Isidro Parga Pondal. Esta edafóloga explícanos as súas investigacións sobre a erosión causada pola chuvia nas terras de cultivo galegas.

Eva Vidal e Marta Vila
Eva Vidal e Marta Vila

Programa 8: O nome e o símbolo dos elementos químicos (10-12-06)

Marta Vila coméntanos ao principio do programa as súas aventuras científicas en Trier, Alemaña. Casualmente na Universidade de Trier hai un centro de documentación de Galicia.

Miguel Vázquez preséntanos en primicia o libro O nome e o símbolo dos elementos químicos editado polo Centro Ramón Piñeiro. Este libro cheo de curiosidades está pensado para que calquera lector se aproxime ás mil historias que hai detrás da táboa periódica. Imprescindible para docentes, pero non só de química, senón tamén de historia, cultura clásica… Esta obra é froito do traballo de Miguel Vázquez, investigador Ramón y Cajal do Departamento de Química Inorgánica da USC, e dos seus colegas, Ana González e Manolo Bermejo.

Miguel Vázquez con Miguel Ángel Bahamonde, o noso técnico.

No final do libro aparecen enlaces interesantes, como por exemplo Visual elements da Royal Society of Chemistry onde mesmo se poden escoitar recreacións musicais dos diferentes elementos.

Para o concurso fixemos unha breve incursión na vida de Mendeleiev.

 

Programa 7: Que sabemos e como nolo contaron (3-12-06)

A raíz dun comentario neste blog ao anterior programa, decidimos facernos eco das reinvindicacións dos profesores de tecnoloxía.

Continuamos seguindo de preto á tripla exposición sobre neurociencia O mundo na túa cabeza. Nesta ocasión entrevistamos a Rafael Sisto, outro dos comisarios -no segundo programa xa tiveramos a Casto Rivadulla-.

Sisto participou especialmente na preparación de “Que sabemos e como nolo contaron”. Nesta exposición amósase como se ensinaron nos dous últimos séculos en Galicia as cuestións relacionadas co sistema nervioso.

Corte lonxitudinal de cara humana. Figura clástica de 1885.
IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

Tamén tivemos a oportunidade de conversar sobre o ensino das ciencias en Galicia no século XIX e sobre o patrimonio ciéntifico dos institutos galegos nesa época. Materias ambas nas que o noso invitado é especialista.

Na “Sección Aleatoria” explicamos cales son os métodos de preparación do café descafeinado. Ademais, María Xesús Miranda, de Cafés As Candelas, acláranos as diferenzas entre o descafeinado de máquina e o de sobre.

Programa 6: Ensinantes de Ciencias de Galicia (26-11-06)

Neste programa quixemos facerlles unha homenaxe aos profesores de ciencia. Esta semana celebrouse o XIX Congreso de ENCIGA (Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia) na vila Portuguesa de Póvoa de Varzim. Alí estivo Efervesciencia.

ENCIGA 06_1

Así mesmo, Marta Vila falounos en directo dende Barcelona sobre o congreso de herpetoloxía que alí se celebrou.

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.