Efer 613 (24-12-22): O ceo de Afaganistán brilla en Sobrado

(2:53) A arqueoastrónoma do INCIPIT-CSIC Andrea Ródriguez Antón estudou a orientación das cidades romanas na penísula ibérica en relación a fenómenos astronómicos. Tamén conversamos con ela sobre o proxecto de Amanar de divulgación astronómica cos refuxados saharauís.
(29:51) Maite Vence é especialista en Turismo Científico. Inauguramos sección na que coñeceremos diferentes rutas Observer. A primeira de elas, a ruta da camelia.
(36:47) Zora é avogada. Naceu en Afganistán. Agora vive en Sobrado coa súa familia acollida pola Asociación de Mulleres Rurais A Maristela. Xunto con Ángeles Sánchez, presidenta da Maritela, coñecemos como se teceu esta rede de acollida e solidariedade. Actualmente viven en Sobrado 4 familias afgás. Entre elas a de Elnaz, unha adolescente astrónoma amadora que chegou a Galicia grazas a implicación da comunidade astronómica.

Efer 612 (14-12-22): Analizar sintacticamente o Quixote en 10 segundos

(2:18) As paisaxes sonoras ricas en sons de paxaros poden axudar á saúde mental das persoas. Nolo conta o noso paxareiro Nacho Munilla.
(12:42) Carlos Gómez, catedrático de Ciencias da Computación da UdC, estuda como mellorar a compresión da nosa linguaxe por parte das máquinas. Para isto é necesario analizar sintacticamente as oracións. Computacionalmente este proceso é custoso. Para democratizar o acceso a esta tecnoloxía o grupo de Gómez creou un algoritmo que é quen de analizar sintacticamente todo o Quixote en 10 segundos.
(38:56) O equipo de José Manuel Alonso, College de Optometría da Universidade do Estado de Nova York, vén de publicar en Nature Communmications un modelo de como se poden integrar no córtex cerebral os distintos mapas visuais que producimos cando vemos.

Efer 611 (30-11-22): Arqueoloxía na Antártida

(2:33) Guía do ceo de outono con @astroxabi, Xabier Pérez Couto.
(13:36) Os profesores visitantes do INCIPIT Ximena Senatore e Diego Aguirrezábal investigan a partir dos restos arqueolóxicos a historia dos lobeiros e baleiros anónimos que pisaron a Antártida no século XIX.
(36:08) Volven as versión presencial das Regueifas de Ciencia. O proxecto de debates sobre controversias sociais entorno á ciencia da USC. Coñecemos a Ujuié Fresán, Gumersido Feijoo e Juan Pascual, participantes da Regueifa: É a dieta vegana o mellor para o planeta?
(42:01) Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, preséntanos as últimas novidades da Iniciativa Civil de Vehículos non Tripulados de GAIN: a incorporación de Airbus, Telespazio e Babcock, a 4º edición da Business Factory Aero e a traxectoria da compra pública innovadora desde o Polo Aeroespacial Galego.

Efer 610 (23-11-22): Uns Prismas inclusivos. Faladoiro con @pandereteiro @luiszurano @pampanilla @ElenaSanz_ @maberalv

(2:09) O nobel de química 2019 polo desenvolvemento das baterías de ión litio estivo en Santiago convidado polo programa Conciencia.
(6:57) Os premios Prismas 2022 dos Museos Científicos Coruñeses tiveron nesta edición un marcado carácter de inclusividade. Argallamos un faladoirio con Marcos Pérez (director dos Museos Científicos Coruñeses e secretaria do xurado), Pampa García Molina (presidenta do xurado e directora de Science Media Centre España), Ángela Bernardo (autora de Acoso, Prisma ao mellor libro editado), Luis Zurano (Prima ao mellor proxecto singular) e Elena Sanz (autora de “La Ciencia del chup chup”, mención de honor en mellor libro editado)