Efer 612 (14-12-22): Analizar sintacticamente o Quixote en 10 segundos

(2:18) As paisaxes sonoras ricas en sons de paxaros poden axudar á saúde mental das persoas. Nolo conta o noso paxareiro Nacho Munilla.
(12:42) Carlos Gómez, catedrático de Ciencias da Computación da UdC, estuda como mellorar a compresión da nosa linguaxe por parte das máquinas. Para isto é necesario analizar sintacticamente as oracións. Computacionalmente este proceso é custoso. Para democratizar o acceso a esta tecnoloxía o grupo de Gómez creou un algoritmo que é quen de analizar sintacticamente todo o Quixote en 10 segundos.
(38:56) O equipo de José Manuel Alonso, College de Optometría da Universidade do Estado de Nova York, vén de publicar en Nature Communmications un modelo de como se poden integrar no córtex cerebral os distintos mapas visuais que producimos cando vemos.

Efer 611 (30-11-22): Arqueoloxía na Antártida

(2:33) Guía do ceo de outono con @astroxabi, Xabier Pérez Couto.
(13:36) Os profesores visitantes do INCIPIT Ximena Senatore e Diego Aguirrezábal investigan a partir dos restos arqueolóxicos a historia dos lobeiros e baleiros anónimos que pisaron a Antártida no século XIX.
(36:08) Volven as versión presencial das Regueifas de Ciencia. O proxecto de debates sobre controversias sociais entorno á ciencia da USC. Coñecemos a Ujuié Fresán, Gumersido Feijoo e Juan Pascual, participantes da Regueifa: É a dieta vegana o mellor para o planeta?
(42:01) Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, preséntanos as últimas novidades da Iniciativa Civil de Vehículos non Tripulados de GAIN: a incorporación de Airbus, Telespazio e Babcock, a 4º edición da Business Factory Aero e a traxectoria da compra pública innovadora desde o Polo Aeroespacial Galego.

Efer 610 (23-11-22): Uns Prismas inclusivos. Faladoiro con @pandereteiro @luiszurano @pampanilla @ElenaSanz_ @maberalv

(2:09) O nobel de química 2019 polo desenvolvemento das baterías de ión litio estivo en Santiago convidado polo programa Conciencia.
(6:57) Os premios Prismas 2022 dos Museos Científicos Coruñeses tiveron nesta edición un marcado carácter de inclusividade. Argallamos un faladoirio con Marcos Pérez (director dos Museos Científicos Coruñeses e secretaria do xurado), Pampa García Molina (presidenta do xurado e directora de Science Media Centre España), Ángela Bernardo (autora de Acoso, Prisma ao mellor libro editado), Luis Zurano (Prima ao mellor proxecto singular) e Elena Sanz (autora de “La Ciencia del chup chup”, mención de honor en mellor libro editado)

Efer 609 (16-11-22): Biotecnoloxía para xurros sen cheiros nin emisións

(3:42) Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela dramatizamos o relato “A ribeira do mexillón” que gañou a edición 2022 de Inspiraciencia na categoría de adultos en galego. Poñemos en contacto o autor do relato, Pedro Rodríguez Villar, co investigador da USC Pedro Castrillo. A tese de doutoramento de Castrillo foi a inspiración científica do relato de Rodríguez.

(25:25) Coñecemos as ferramentas Innovapeme e Bonos de innovación de GAIN con Patricia Fernández, directora da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación. Presentamos o caso da peme innovadora Briopana que emprega biotecnoloxía para solucionar problemas do medio agrícola conversando con Carla Salazar (fundadora) e Jesús González Pueyo (director do laboratorio de I+D). Os seus microorganismos eliminan cheiros e emisións dos xurros.

(42:06) O noso virólogo César Muñoz Fontela coméntanos a aparición en Uganda dun gromo dun novo Ébola Virus. En “Historias de Virus” coñecemos a historia dun axente infeccioso que non é un microorganismo.