Efer 621 (1-2-23): Desinformación científica

(1:46) Nacho Munilla cóntanos como se fai o censo de aves acuáticas invernantes de Galicia. Entre eles o bilurico e o mazarico, que teñen primos que atravesan o Himalaia.
(15:55) A socióloga Celia Díaz Catalán da Universidade Complutense de Madrid é coautora do “Informe sobre Desinformación Científica” da FECYT. Curiosamente a fonte máis confiable para a información científica é a radio, pero necesitamos máis alfabetización mediática da sociedade. Unha de cada catro persoas recibiu información falsa sobre temas científicos durante a
última semana.
(36:48) Con Maite Vence percorremos as baterías militares de Ferrol.
(42:39) “A foto 51” son unhas novas xornadas de divulgación científica organizadas polo Concello de Pontevedra que terán lugar o 11 de febreiro. Conversamos coa Concelleira de Cultura Carme Fouces.

Efer 620 (25-1-23): Comer igual, resultados distintos: Nutrición de precisión con José Mª Ordovás

(2:39) A sonda da ESA Juice vai estudar as lúas de xeo de Xúpiter. Cóntanolo Javier Pedreira “Wicho”.
(16:44) Poden comer dúas persoas exactamente o mesmo e ter consecuencias distintas? Si. O efecto da comida na saúde depende de quen a come: da súa idade, do seu sexo, da súa xenética, de como interaccionou a xenética co entorno, das bacterias que habitan no seu corpo, a chamada microbiota, e mesmo de a que hora se come. Conversamos con José Mª Ordovás, que dirixe o laboratorio de Nutrición e Xenómica da Universidade de Tuffs en Bostón.
(42:07) Estíbaliz Espinosa edita o conto “O Universo de Dona Pega” do planetarista da Casa das Ciencias Juan Carlos Medal “Jaitos”. O texto foi recollido por Borja Tosar.

Efer 619 (18-1-23): Máquina do tempo para atrapar proteínas editoras de xenes con @LluisMontoliu

(2:03) Podemos ver os sinais de tráfico pola noite grazas a que se deseñan como retrorreflectores. Cóntanolo Bibiana García Visos na súa ciencia para andar por casa
(9:48) Para recuperar novas proteínas con capacidade CRISPR, de edición de xenes, un equipo de investigadores no que participou Francis Mojica fixeron unha viaxe nunha “maquina do tempo”. Un dos asinantes do artigo en Nature Microbiology é Lluis Montoli (CNB-CSIC) con quen falamos.
(37:26) Guía do ceo de inverno con @astroxabi, Xabier Pérez Couto.

Efer 618 (11-01-23): Mates e vida con Elena Vázquez Cendón

(1:57) A decana da Facultade de Matemáticas Elena Vázquez Cendón vén de gañar o Premio María Josefa Wonenburger pola súa carreira investigadora e o seu compromiso pola divulgación das matemáticas ao fronte de Estalmat-Galicia. Con ela falamos de Domingo Fontán, María Wonenburger e de matemáticas industriais.
(29:55) Resolvemos unha pequena inocentada que deixaramos no aire no programa Efer 615 do pasado 28 de decembro.
(33:40) No alto da serra do Moncai entre a Pobra do Brollón e Monforte de Lemos atópase a Muradella, unha acumulación de pedras de cuarcita descuberta polo arqueólogo Xurxo Ayán. Logo dunha campaña de escavación os datos apuntan a que se trata dun *cairn* do terceiro milenio ac, o máis antigo de Galicia. Conversamos co arqueólogo da Universidade Complutense de Madrid Rodrigo Paulos, director da campaña arqueolóxica.
http://www.efervesciencia.org