Efer 420 (7-1-18): Luz contra o verdello

As pedras de granito coas que está construído boa parte do noso patrimonio son atacadas por consorcios de algas, bacterias e outros organismos. O proxecto “Light4Heritage” estuda como a luz artificial pode modular o crecemento destes colonizadores. Tras os test no laboratorio agora os investigadores ensaian nun entorno real sobre 3 paredes de monumentos composteláns. Achegamos os nosos micros ao Departamento de Edafoloxía da USC para conversar sobre “Light4Heritage” con Patricia Sanmartín, Justo Arines, Rafael Carballeira e Javier Cancelo. Será a luz ornamental unha ferramenta de control do verdello ou o seu uso é incompatible coa loita contra a contaminación luminosa?

 

Portada galega en Science

O infografista e ilustrador galego Alvaro Valiño é o autor da portada e da imaxe do achado do ano da revista Science.

 

Vaso de viño cardiosaudable?

Se bebes viño a diario é dis que o fas pola túa saúde estás a caer nun mito que xa se desterrou hai tempo. Nolo conta Deborah García Bello. Aquí tes máis información.

 

 O cheiro da choiva

En galego temos mais de 100 palabras para designar á choiva. Nesta edición de “Moléculas en Galego” Javier Balea desvela de onde sae o cheiro da chuvia.

 

Efer 411 (5-11-17): Como es unha máquina entendes a retranca, non si?


Para o lingüista computacional Paulo Gamallo a capacidade de entender das máquinas está aínda moi lonxe de entender a retranca. Conversamos con Gamallo no seu despacho do CITIUS na USC sobre como facer que os ordenadores comprendan a linguaxe natural dos humanos.

 

Crowdfunding en ciencia: Que vale e que non

Este ano vimos por primeira vez en Galicia unha moi potente campaña de crowdfunding para un proxecto de investigación científica. A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Ciencia e a Tecnoloxía vén de organizar un debate a semana pasada en Pontevedra sobre os riscos e oportunidades deste modelo de financiamento para ciencia. Dannos a súa perspectiva Roi Villar – fundador de I-Love Science e Capital Cell -, Alfonso Peres – Responsable da área de participación cidadá da FECYT e de Precipita – e José Antonio Seoane  –Profesor de filosofía do dereito da UdC especializado en bioética.

 

A que cheiran os mortos?

A que cheiran os mortos? Aquí tamén hai química como nos conta “Moléculas en Galego”.

 

Banda deseñada e ciencia

Dani Pizarro preséntanos ás bandas deseñadas “O segredo de Coimbra” e o “Neurocómic”.

Ven á Noite Efervescente en Castrelo de Miño

Embalse-Castrelo-de-Miño_6-1400x718

A “V Noite Efervescente” terá lugar no Náutico de Castrelo de Miño o venres 30 de xuño ás 22 h. Comezaremos gravando un especial Efervesciencia aproveitando a conmemoración do Día Internacional dos Asteroides, con algunha que outra sorpresa. E ás 23 h. gozaremos dunha observación pública do ceo da man dos nosos estreleiros, Martin Pawley, Irene Baspino e Borja Tosar, coa colaboración de Dosi Veiga. Un festa da astronomía para todos na que contamos como invitados especiais os amigos das asociacións Adcor, Chamorro, Aspaber Amipa. Agardámoste!

91848479

Noite Efervescente é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega-USC e os seus «estreleiros», e no que colabora a Agrupación Astronómica “IO” e a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña.

Abaixo podes escoitar o programa que fixemos na anterior “Noite Efervescente” desde o observatorio de Cotobade.

Nota: Por erro na primeira versión desta entrada puxemos que a Noite Efervescente é o 30 de setembro, cando en realidade é o 30 de xuño. Xa correximos o erro no corpo da entrada.

Efer 383 (5-2-17): Educar para o mundo dixital

Secuestramos a Javier Pedreira “Wicho” nun lugar secreto para a sección “Un autor, un libro, un espazo”. Wicho non nos canta a Traviata pero si nos conta como é o libro que vén de coordinar “Los nativos digitales no existen“. Falamos de como educar, acompañar e aplicar o sentido común na cultura dixital que nos toca vivir. Escoitamos tamén as intervencións de diferentes coautores do libro: @susanalluna @genisroca @eparquiodelgado @nuriaoliver @mininacheshire

 

As mulleres na ciencia

As investigadores Dolores Salgueiriños e Mª José Calderón preséntannos a iniciativa 11defebrero.org para celebrar o día da nena e a muller na ciencia.

Aquí tes unha escolma de 11 científicas que pasaron polos micrófonos de Efervesciencia nunha década para unirnos a esta celebración.

11de febreiro

 

Torsten Wiesel en A Coruña

CORBI-TORSTEN-WIESEL-LECTURES

Coñecemos ao premio nobel Torsten Wiesel e o director do laboratorio de Neurobioloxía da Universiadade Rockefeller Charles Gilbert ao seu paso pola Coruña invitados pola Fundación Corbi.

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.