Efer 597 (18-5-22): Un paseo polas Azores: o segredo dos lagos volcánicos

Asistimos a congreso da rede de comunicación da ciencia de Portugal, SciCom Pt, desde a illa de San Miguel na Azores. Conversamos con Vera Novais (2:17), Frank Kupper (8:36), Cristina Luis (9:46), Azucena de la Cruz (42:24), Elizabeth Rasekoala (48:00) e Catia Rodrigues (49:58).
Aproveitamos para pasear pola illa de San Miguel co investigador galego en paleobotánica da Universidade de Ponta Delgada Martin Souto (15:28). Os sedimentos dos lagos volcánicos das Azores agochan un segredo histórico.

Efer 596 (4-5-22): Economía Circular desde a Galiciencia

Programa monográfico desde a Feira Científica Galiciencia desde a Tecnópole, o Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas. Contamos con Javier Taibo (director de Tecnópole), Miguel Ángel Yebra (profesor do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia), Sabela Fernández (CIFP Politécnico de Lugo), Miguel Rodríguez (Investigador en Economía Circular de ECOBAS), Lourdes González Sotelo (CPI Uxío Novoneyra) e Ana Piñeiro (Colexio Eduardo Pondal de Cangas).

Efer 595 (4-5-22): Os cans cheiran peor as feromonas cós seus parentes salvaxes

(1:45) Xa está en marcha o primeiro concurso de monólogos científicos en galego. Andrea Muras e Eva Cabanelas preséntannos o certame “Ciencia Calidade” de Monólogos Científicos.
(13:12) Grazas ao órgano vomeronasal os animais teñen un “sexto sentido” co que son quen de detectar sinais químicos entre individuos da mesma especie: as famosas feromonas. Os resultados do grupo de investigación de Morfoloxía Animal (MORFAN) da Facultade de Veterinaria de Lugo da USC veñen de descubrir que a domesticación do can atrofia este órgano en comparación cos seus conxéneres salvaxes como é raposo. Conversamos co líder do grupo Pablo López Quinteiro, que é ademais un dos maiores especialistas na música de Mahler.
(42:27) @astroxabi contanos todo o que debemos saber para ver a eclipse lunnar total da noite do 15 ao 16 de xuño de 2022

Efer 594 (27-4-22): As áreas arqueolóxicas como Tourón deteñen os megalumes forestais?

(2:18) O investigador en intelixencia artificial Pedro Maseguer e a escritora Rocío de Juan ofrécennos pistas e consellos para participar no XII Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia. Maseguer e de Juan impartirán obradoiros gratuítos on line para todos aqueles que queiran escribir os seus primeiros relatos coa ciencia de protagonista. Toda a información en inspiraciencia.es
(29:50) Juan Picos é o director da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra da Universidade de Vigo. No ano 2017 descubrimos que estamos expostos a unha nova tipoloxía de lumes altamente destrutivos. O cambio climático e nosa ordenación territorial son a causa de que esteamos en alto risco de sufrir estes megalumes. Non sabemos cando ha de ser, pero debemos de estar preparados.