Hai 20 anos uns científicos visionarios esborrancharon nun pano de papel dun restaurante unha idea revolucionaria: Conectar os océanos a internet. Hoxe iso xa é unha realidade.
Kate Moran
[vimeo 68245101]
Todos estudamos que o 70% do noso planeta está cuberto por auga. Se queremos coñecer como funcionan os océanos e toda a vida que albergan non chega con coller un barco e sondar un único punto. O que cómpre é ter unha rede permanente de sensores e robots que monitoricen en tempo real todo o que ocorre no fondo do mar. E isto xa empeza a ser unha realidade con proxectos como os que se levan a cabo no instituto que dirixe Kate Moran, o Oceans Networks Canada ONC (1,2 e 3).

Tania Lado
Tania Lado estudou Enxeñería Oceánica na Universidade de Rhode Island grazas a unha bolsa Barrié. Logo de realizar o seu doutoramento nesta especialidade agora traballa no ONC implementando métodos de detección de tsunamis próximos á costa con observatorios como o Neptune, entre outros proxectos.

Desprazamento horario do tsunami do 1 de abril de 2014 xerado na costa chilena
O ONC é unha institución de investigación sen ánimo de lucro e conta con abondosos recursos divulgativos para curiosos (cámaras en directo dos observatorios, aplicación para informar sobre basura nas praias e pode axudar a un esforzo global para identificar correntes mariñas, vídeo de cangrexos e hidratos de gas, porcos mariños,…), profesores, investigadores, alumnos, videoxogadores…
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/04/entre-tania-lado-def1.mp3]
Descarga a entrevista a Tania Lado
Wicho analiza para os oíntes de Efervesciencia dúas novas de actualidade: as posibles consecuencias indesexadas da crise da Ucraína na exploración espacial, e os elementos de seguemento dos voos comerciais que fallaron no caso do voo malaio MH370.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/04/Wicherías-Ucrania-e-Avión-Malasia-5-4-14.mp3]
Descarga Wicherías 5-4-14
Sabes o que é unha esopía? Pois é un chío en Twitter no que a primeira palabra ten 3 caracteres, a segunda 1, a terceira 4, a cuarta 1, a quinta 5,… non che soa a pi? O segundo concurso de esopías está no Mateblog de Agapema. Educabarrié apoia un gran número de concursos para escolares e público xeral, como por exemplo 0s concursos do Mateblog ou o KiiCS.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/04/micro-barrie-concursos-def.mp3]
Descarga concursos Educabarrié
Se non houbese lúa perderíamos centos de belas cancións, cadros e poesías. Ademáis o mundo sería moi diferente, escoita senón unha nova postal planetaria de Borja Tosar.
E velaquí tes ao teu dispor o programa completo para escoitar, compartir, ou levar posto.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/04/efer-280-5-4-14.mp3]
Descargar programa completo Efer 280 (5-4-14)