Desculpas

Ultimamente este blog de Efevesciencia estivo experimentando problemas técnicos. Ata que ao fin morreu a máquina que o albergaba. Pedímosvos desculpas por este tempo que o blog estivo caído.

Estamos a recuperar manualmente os contidos. Aos poucos iremos volvendo a escribir os post  perdidos para que este blog siga a ser unha fonoteca viva de todo o que acontenceu en Efervesciencia.

Efevesciencia en iTunesPodcast de Efervesciencia

Por outro lado lembrámosvos que todos programas de Efevesciencia son descargables en versión podcast e desde iTunes.

Que a ciencia te acompañe (III e último)

Último cazapo científico. Corresponde a Planeta Vermello (2000). Agardamos a túa resposta.

Cazapo 3

Que a ciencia te acompañe (II)

Velaquí o segundo cazapo científico-cinéfilo. Esta vez é de A fera da miña nena (1938). Escríbenos e poderás gañar un exemplar de “Que la ciencia te acompañe”.

Cazapo 2

Que a ciencia te acompañe (I)

Este é o título do libro de Miguel Barral que se presentou esta semana na FNAC na Coruña. Unha escolma de diálogos de películas onde se deslizan cazapos científicos que o ollo de Barral non deixa impunes. O máis entretido da proposta é intentar atopar o fallo antes de ler o comentario do autor.

Que a ciencia te acompañe

Un exemplo: O Gran Falcón (1991). Se atopas o cazapo escríbenos. Temos un exemplar de “Que la ciencia te acompañe” para a mellor resposta.