Aberto por vacacións

Esta tempada efervescente foi intensa, estivemos no CERN en Xenebra, fixemos un programa desde o cárcere da Lama, vivimos en directo a emoción da posta en órbita dun satélite, estivemos na Illa de San Simón falando de neurociencia e maxia, conducimos un coche eléctrico,… En definitiva deixámonos sorprender polos mil e un mundos que están neste, pola ciencia e os seus protagonistas.

En setembro recuncaremos con novas doses de ciencia sen contraindicacións para mentes curiosas.

E mentres tanto poderedes gozar con “Efervesciencia de verán” na sintonia da Radio Galega. O mellor e mais refrescante de toda a tempada os sábados  de 4 a 5 da tarde, e os domingos a mesma hora (mentres non empece o fútbol). Non volo perdades.

Parte do equipo efervescente

Receita de bálsamo labial

A química cosmética María Vilariño, directora técnica de Rizzola, deixounos esta receita para facer na casa 100 g de bálsamo labial coloreado. Este bálsamo conserva a humidade dos labios e os protexe do frío.

Os ingredientes poden conseguirse en tendas especializadas ou ben a través de internet en sitios como este.

1.- Poñer nun baño maría a 70ºC os seguintes ingredientes. Fundir, mesturar e remexer ata que a mestura quede homoxénea, sen grumos.

Nome INCI Cantidade

Función

Vaselina filante PARAFFIN

43 g

Hidrata

Aceite mineral líquido PARAFFINUM LIQUIDUM

45 g

Flexibiliza

Parafina pan CERA MICROCISTALINA

8 g

Da consistencia

Vitamina E (DL)-ALPHA-TOCOPHEROL

0,5 g

 Antioxidante

2.- En paralelo disolvemos unha punta de espátula (un case nada) de colorante en aceite mineral.

Aceite mineral líquido PARAFFINUM LIQUIDUM 3 g  Disolve
Vermello ou azul á graxa COLORANTE 0,2 g  Colorea

3.- Deixamos arrefriar o baño maría. Antes de que se acaden os 60ºC verter o preparado de colorante (punto 2) sobre o fundido de ceras e aceites (punto 1). Remexer ben.

4.- Cando o baño maría chegue a 6oºC engádese o aroma. Mestúrase ben.

Aroma de fresa ou vainilla AROMA    0,5 g Aromatiza

5.- Envásase en quente antes de solidifique.

Os aromas e colorantes que se empreguen sempre teñen que ser aptos para uso alimentario.  É un produto cosmético que en ningún caso se debe inxerir.

Obradoiro de cosmética na Fundación Barrié

Mándanos unha foto co teu bálsamo labial.

 

Circo de bacterias: Cheiro, bacterias e mosquitos

Anopheles (Fonte: Wikipedia)

Neste capítulo do Circo de Bacterias Esteban Fernández Moreira désvelanos as últimas investigacións que desvelan como os mosquitos escollen ás súa vítimas. A cousa ten que ver co cheiro, pero en última instancia aparecen, como case sempre, as bacteiras.

Circo de Bacterias, cheiro e mosquitos

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/Circo-de-Bacterias-Mosquitos.mp3]

Pensaches no…

So despois de escoitar integramente a tertulia que tivemos na Illa de San Simón no Neuromagic, podes pinchar aquí para que adivinemos o número que pensaches.