Historia de dúas moléculas

Dramatizamos o microrelato gañador na categoría de lingua galega do concurso Inspiraciencia organizado polo CSIC en Cataluña.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/06/historia-de-dúas-moléculas-def.mp3]

Historia de dúas moléculas

“Historia de dúas moléculas” é unha creación do botánico Ignacio Munilla.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/06/entre-ignacio-munilla.mp3]

Entrevista a Ignacio Munilla

 

Noite Efervescente

Foto de Óscar Blanco

Noite Efervescente é un nanoproxecto de astronomía para todos, iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega e no que participan a Agrupación Astronómica IO e Astronomía na Beirarrúa e a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/Presentación-noite-efervescente.mp3]

Audio da presentación da Noite Efervescente en Efervesciencia

A Noite Efervescente terá lugar o sábado 15 de xuño, e consistirá nunha velada de observación do ceo á que están convidados todos os amigos de Efervesciencia. Esta festa para gozar da astronomía celebrarase nun lugar privilexiado pola calidade do seu ceo nocturno, o albergue dos Biocos en San Xoán de Río (Ourense).

Un grupo de 40 persoas con discapacidade intelectual de diversas asociacións da provincia de A Coruña tamén participarán no evento. Nunha etapa previa deste proxecto astrónomos afeccionados de IO e de Astronomía na Beirarúa desprazáronse ás diferentes asociacións para realizar unha serie de obradoiros de iniciación á astronomía.

Familias, grupos de amigos e en xeral calquera persoa interesada pode participar na Noite Efervescente. Quen desexe quedar a durmir no albergue ou facer uso das súas instalacións debe contactar previamente con este no teléfono 988 346 204, no correo info@osbiocos.com, ou na páxina de reservas.

No caso de que a previsión meteorolóxica a 4 días sexa adversa posporase a actividade ao sábado 13 de xullo.

No programa Efervesciencia levarase a cabo un concurso para agasallar cunha estadía para 6 persoas dunha noite con almorzo nun dos apartamentos dos Biocos.

As asociacións participantes na “Noite Efervescente” son :

Club Finisterre da Asociación ASPRONAGA (A Coruña)

ADCOR (A Coruña)

APADER (Cedeira)

Nosa Señora de Chamorro (Narón)

Club Manuel Pose Veiga de ASPABER (Carballo)

Centro Pai Menni (Betanzos)

AMIPA (Comarca do Sar)

ASPADEX (Cee)

 

 

Investigarte

Vense de fallar o concurso artístico dos científicos de hoxe e de mañá: Investigarte. Un concurso organizado por Educabarrié, o Campús Vida da Universidade de Santiago e o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago.

Beatriz Orosa forma parte do grupo de investigadores promotores desta iniciativa que tivo unha excelente acollida. Tamén conversamos con Xacobe de Toro,  membro do xurado de Investigarte, na modalidade escolar, en calidade de representante do gabinete de mestres de Educabarrié.

Do 25 de abril ao 28 de xuño pode visitarse na sede da Fundación Barrié de A Coruña unha exposicións coas mellores obras, e en breve no Pazo de Fonseca de Santiago.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/mircro-educabarrie-investigarte.mp3]

Reportaxe Investigarte

Paralarva de polbo por Jorge Hernández (IIM-CSIC) primeiro premio categoría macro

[youtube k9YYK0e4geo]

“A muiñose”  polo IES Otero Pedrayo da Couña, premio ao mellor vídeo escolar

 

Matemáticas Efervescentes

Enreda coas mates no Mercado de Abastos o sábado 20 de abril ás 12 da mañá.