Noite Efervescente en Forcarei

Observatorio de Forcarei por Óscar Blanco

l

Por terceiro ano volve a Noite Efervescente, unha festa da astronomía para todos. Nesta ocasión terá lugar lugar o venres 19 de xuño no Observatorio Astronómico de Forcarei. Todos os amigos de Efervesciencia estades convidados. Teremos observación do ceo, coñeceremos como funciona o observatorio e gravaremos unha edición especial do programa. A actividade comezará a partir das 22 horas e a entrada é libre.

l


 

Noite Efervescente é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega e os seus «estreleiros», e no que participan a Agrupación Astronómica IO,  Astronomía na Beirarúa. a Fundación Ceo, Ciencia e Cultura e a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña.

Se queres facerche unha idea do que é unha Noite Efervescente escoita esta reportaxe da primeira edición:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/04/Noite-efervescente-repor.mp3]

Noite Efevescente

Esta foi a presentación da actual Noite Efervescente realizada na sección Guía do Ceo de Irene Baspino e Martin Pawley:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/06/Guía-ceo-maio-15-def.mp3]

Guía do Ceo maio 15

Noite Efervescente 2013 en Os Biocos (Óscar Blanco)

l

Efervesciencia é o programa de divulgación científica da Radio Galega que se emite os domingos ás 3 da tarde. Prisma de Bronce na XXVI edición dos Premios Prismas Casa de las Ciencias á Divulgación. Efervesciencia está patrocinado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Economía e Competitividade.

Novo horario: Domingos ás 15 horas

Efervesciencia cambia as súas coordenadas temporais e salta na grella da Radio Galega aos domingos ás tres da tarde. Ata final de setembro continuamos emitindo o mellor da última tempada, e o domingo 28 de setembro estrearemos por todo o alto a nova tempada. Desde xa somos domingueiros!

Aberto por vacacións

Rematou a 7ª tempada de Efervesciencia na Radio Galega. A Avoa de Einstein preparou unha escolma co mellor da tempada que se emitirá todos os sábados de verán no horario habitual de Efervesciencia de 16 a 17 horas na Radio Galega.

Como sempre podes escoitar todos os programa de Efervesciencia no noso podcast, feed e en Itunes. Tampouco deixes de descargar a Guía do Ceo do Verán. E de cando en cando aproveitaremos para ir respescando audios efervescentes para este blog.

A gran Noite Efervescente nos Biocos

O vindeiro sábado día 19 de xullo a partir das 21:30 teremos unha espectacular observación astronómica para todos en Os Biocos na que participaran os nosos estreleiros.

Espectacular ceo de Os Biocos (Óscar Blanco)

A gran Noite Efervescente  consistirá nunha velada de observación do ceo á que están convidados todos os amigos de Efervesciencia. Esta festa para gozar da astronomía celebrarase nun lugar privilexiado pola calidade do seu ceo nocturno, o albergue dos Biocos en San Xoán de Río (Ourense).

Un grupo de persoas con discapacidade intelectual de diversas asociacións da provincia de A Coruña tamén participarán no evento. A primeira parte da Noite Efervescente foi unha sesión de combinada de planetario e observación nocturna urbana que tivo lugar en A Couruña o pasado 5 de abril.  Esta foi a reportaxe que fixemos en Efervesciencia da velada astronómica:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/07/Noite-efervescente14-planetario.mp3]

Reportaxe Noite Efervescente  14  no planetario da Casas das Ciencias

Familias, grupos de amigos e en xeral calquera persoa interesada pode participar na Noite Efervescente o 19 de xullo á noite. Quen desexe quedar a durmir no albergue ou facer uso das súas instalacións debe contactar previamente con este no teléfono 988 346 204, no correo info@osbiocos.com, ou na páxina de reservas. E para vir equipado non deixes de botarlle un ollo á nosa Guía do Ceo de Verán.

Noite Efervescente 2013 en Os Biocos (Óscar Blanco)

Noite Efervescente é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega e os seus «estreleiros», e no que participan a Agrupación Astronómica IO, os Museos Científicos Coruñeses, a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña, e Astronomía na Beirarúa. As asociacións participantes na “Noite Efervescente” son : – Club Finisterre da Asociación ASPRONAGA (A Coruña) – ADCOR (A Coruña) – Nosa Señora de Chamorro (Narón) – Club Manuel Pose Veiga de ASPABER (Carballo) – Centro Pai Menni (Betanzos) – AMIPA (Comarca do Sar) – ASPADEX (Cee) – Aspadisol (Oleiros) – Artefíos (A Coruña).

Efervesciencia é o programa de divulgación científica da Radio Galega que se emite os sábados ás 4 da tarde. Prisma de Bronce na XXVI edición dos Premios Prismas Casa de las Ciencias á Divulgación. Efervesciencia está patrocinado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Economía e Competitividade.

Os Biocos na Noite Efevescente de 2013 (Óscar Blanco)