Xan
13
2016
Xa estamos ultimando a estrea da nova tempada efevescente. Mentres botádelle un ollo a este experimento do último capitulo de “Éche así“. Cunha piruleta azul podedes testar quen é extremadamente sensible aos sabores fortes.
Xan
13
2016
Xa estamos ultimando a estrea da nova tempada efevescente. Mentres botádelle un ollo a este experimento do último capitulo de “Éche así“. Cunha piruleta azul podedes testar quen é extremadamente sensible aos sabores fortes.
Out
10
2015
En Efervesciencia nestas semanas estamos en modo gato de Schrödinger. Nin estamos nin deixamos de estar, ou ao mesmo tempo estamos sin estar. Cando se concretará este estado cuántico superposto en algo real? Cando abramos a caixa para saber se o gato está vivo ou morto. Iso será no mes de novembro. Se o gato está vivo volveremos en 2016 con enerxía e novidades como o primeiro concurso de tuingels.
Para facer máis agradable a agarda cada semana repescaremos contidos efervescentes en doses de ciencia sen contraindicacións.
Xul
3
2015
Encamiñamos o final da VIII tempada de Efevesciencia cun novo horario. Estaremos nas ondas da Radio Galega os sábados ás 15:05.
A Avoa de Einstein nolo explica en 50 segundos, coidado cos elefantes!
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/07/PROMO-EFERVESCIENCIA-HORARIO.mp3|titles=PROMO EFERVESCIENCIA HORARIO]
Xul
1
2015
Volvemos co obradoiro «Comunicar Ciencia na Radio» tras as boas valoracións das edicións anteriores. Este obradoiro está pensado para investigadores, tecnólogos, innovadores, divulgadores,… e terá lugar o vindeiro sábado 11 de xullo no estudio 4 da Radio Galega en San Marcos. Os participantes poderán asistir a unha emisión en directo de Efervesciencia ás 15 horas (temos novo horario de verán)
Consulta as bases aquí. Podes apuntarte cubrindo este formulario ou escribíndonos a efervesciencia(pon aquí a arroba)radiogalega.es