Quentando motores para a 13

Retornamos ao noso horario habitual dos mércores ás 24 horas. Seguiremos a emitir o mellor dos últimos capítulos ata a chegada do outono.

O 25 de setembro iniciaremos a nova tempada efervescente.

Férvenos a mente!

Acompáñamos como público no especial Fin de Ano

10497489_902054323144910_6826259023174328494_o

Estamos a preparar o especial Fin de Ano de Efervesciencia e abrimos o noso laboratorio sonoro ao público que nos queira acompañar na gravación deste programa especial. Para asistir escríbenos a efervesciencia(aquí pon a arroba)radiogalega.es ou deixa o teu nome neste formulario. A cita é o venres 23 de decembro ás 16:45 nos estudos de radio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. As prazas son moi limitadas.

Obradoiro “Comunicar a Ciencia na Radio”

sin-titulo-1

 

Un ano máis poñemos en marcha o obradoiro «Comunicar Ciencia na Radio». Este obradoiro está pensado para investigadores, tecnólogos, innovadores, divulgadores,… e terá lugar o vindeiro venres 2 de decembro no estudio de radio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Gravaranse contidos que se emitirán en Efervesciencia. A inscrición é gratuíta e as prazas son moi limitadas.

Consulta as bases aquí. Podes apuntarte cubrindo este formulario ou escribíndonos a efervesciencia(pon aquí a arroba)radiogalega.es. Esta actividade enmárcase dentro do
proxecto “Efervesciencia 16” financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Economía y Competividad.

Actualización 24-11-16: Completadas as prazas. As seguintes incricións quedarán como reserva.

Empezamos

_SAM4752_b

Este domingo 17 de xaneiro ás 15h iniciamos a 9ª tempada efervescente na Radio Galega. No avance pillamos á Avoa facendo churrasco….