Efervesciencia en verán

2 horizontal: Estado de grande excitación ou inquietude, de emoción viva, en que se atopa unha colectividade.

Sabías que en verán temos sesión dobre efervescente na @radiogalega os sábados e domingos ás 15 h co mellorciño da tempada ata o 14 de agosto?

Actualizado 15-8-16: Máis Efervesciencia. Continuamos a maiores todos os domingos de verán ás 15 h coa nosa escolma da tempada. A finais de setembro volveremos con novos contidos e seccións.

Aproveita para descargar, escoitar, compartir os podcast da tempada. Tes programas enteiros (os que teñen a etiqueta EFER e a data) e tamén as entrevistas seccións independentes para que escollas o que mais te interesa.

#modogatodeSchrödinger: O gato está vivo

 

Abrimos a caixa… e atopamos ao gato vivo!

Grazas ao patrocinio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT- Ministerio de Economía e Competitividade) é a Universidade de Santiago de Compostela en xaneiro volverá Efervesciencia ás ondas.

 

Volve a Noite Efervescente

O vindeiro sábado día 5 de abril ás 21:30 tes unha cita coa Noite Efervescente no parque de Santa Margarita en A Coruña.

Poderás disfrutar dunha observación pública do ceo nocturno urbano cunha morea de amigos.

Primeira Noite Efervescente (Óscar Blanco)

Tras o éxito da edición da tempada pasada volve a Noite Efervescente (1 e 2). Noite Efervescente é un nanoproxecto de astronomía para todos que se vai lugar a cabo en dúas xornadas. A primeira será unha sesión de “planetario + observación nocturna urbana” e a segunda unha velada de observación nocturna no albergue dos Biocos en San Xoán de Río (Ourense) que terá lugar no verán.

Planetario + observación nocturna urbana (A Coruña, 5 de abril)

Esta foi a presentación da xornada que fixemos no programa Efervesciencia:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/04/previa-PLANETARIO-amipa-def.mp3]

Descarga a presentación de Efervesciencia na noite con Isa de AMIPA

Nesta actividade van participar 100 persoas con discapacidade intelectual de asociacións de toda a provincia de A Coruña cos seus respectivos monitores de ocio. A cita é na tarde-noite do sábado 5 de abril na Casa das Ciencias e no Parque de Santa Margarita na Coruña. Os membros das distintas asociacións asistirán a sesións de planetario na Casa das Ciencias adaptadas aos seus intereses e espectativas. A partir das 9:30 da noite realizarase unha observación pública de ceo nocturno urbano aberta a todas as persoas, grandes e pequenas, que se queiran achegar e que queiran compartir o momento con todos os participantes das asociacións. O ceo é un patrimonio de todos que non ten barreiras. Os micros de Efervesciencia han de documentar sonoramente toda a velada. En caso de mal tempo suprimiríase a observación pública.

 

Festa da astronomía para todos en Os Biocos

Ceo de Os Biocos capturado por Óscar Blanco na Noite Efervescente 13

Terá lugar baixo o espectacular ceo nocturno de San Xoan de Río (Ourense), e está aberta a todos os amigos e oíntes de Efervesciencia ademais das asociacións participantes. Temos dúas datas propostas en función do tempo: 28 de xuño ou 19 de xullo. Iremos dando mais detalles na web de Efervesciencia.

Escoita a reportaxe que fixemos o ano pasado en Os Biocos:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/04/Noite-efervescente-repor.mp3]

Descargar reportaxe Noite Efervescente 13

 

Noite Efervescente é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega e os seus “estreleiros”, e no que participan a Agrupación Astronómica IO, os Museos Científicos Coruñeses, a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña, e Astronomía na Beirarúa.

As asociacións participantes na “Noite Efervescente” son :

Club Finisterre da Asociación ASPRONAGA (A Coruña)

ADCOR (A Coruña)

Nosa Señora de Chamorro (Narón)

Club Manuel Pose Veiga de ASPABER (Carballo)

Centro Pai Menni (Betanzos)

AMIPA (Comarca do Sar)

ASPADEX (Cee)

Aspadisol (Oleiros)

Artefíos (A Coruña)

 

Efervesciencia é o programa de divulgación científica da Radio Galega que se emite os sábados ás 4 da tarde. Prisma de Bronce na XXVI edición dos Premios Prismas Casa de las Ciencias á Divulgación. Efervesciencia está patrocinado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Economía e Competitividade.

Comunicar Ciencia na Radio, 2ª edición

Logo da experiencia exitosa o ano pasado recuncamos co obradoiro “Comunicar Ciencia na Radio”. Pensado para investigadores, tecnólogos, innovadores, divulgadores,…  O obradoiro terá lugar o vindeiro sábado 7 de xullo no estudio 4 da Radio Galega en San Marcos.

Consulta as bases aquí. Podes apuntarte cubrindo este formulario ou escribíndonos a efervesciencia(pon aquí a arroba)radiogalega.es