Gala 10 aniversario de Efervesciencia

PARA MAIL10

En setembro Efervesciencia acada o seu décimo aniversario en antena na Radio Galega. Imos celebralo cunha gran gala o sábado 30 de setembro ás 19:30 no Teatro Principal de Santiago. Na gala “Férveche a mente” participaran todos os colaboradores do programa xunto con algúns dos mais relevantes investigadores e divulgadores que teñen pasado polos nosos micros nesta década. Tamén teremos música ao vivo e algunha que outra sorpresa.

O resultado da gala será emitido nos vindeiros programas de Efervesciencia. Contamos coa vosa presenza e apoio. A entrada é libre ata encher o aforo.

Se queres axudarnos a difundir a convocataria nas túas redes, no teu whatsapp o por onde queiras aquí tes o cartel en formato de imaxe e en pdf.

Teatro Principal

Logo

Efer 337 (18-7-15): Especial Romaría Vikinga

Os parentes morren, un morre tamén, os deuses e mailas riquezas morren, pero o que nunca morre é a reputación que un gaña co seu traballo e esforzo

Hávamál, Edda Maior

Neste programa especial desde Catoira son os nosos invitados Jorge Simón Izquierdo autor de “Os Viquingos en Galicia” e a Manuel Isorna, doutor en psicoloxía e técnico de servizos sociais do Concello de Catoira. Jorge Simón ten lido as fontes nórdicas na súa linguaxe orixinal.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/07/Entre-Jorge-Simón-Izquierdo.mp3]

Entre Jorge Simón Izquierdo

 

Os nosos estreleiros, Irene Baspino e Martin Pawley, cóntannos como se cre que se orientaban os viquingos os días sen sol.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/07/Guia-do-ceo-sólarsteinn.mp3]

Guía do Ceo sólarsteinn

Bibiana García Visos explícanos como se determinan as augas minero-medicinais e Borja Tosar explícanos que pintan os viquingos en Marte.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/07/Bibiana-Manancial-Lombas.mp3]

Ciencia para andar por casa Augas Minerais

Manuel Isorna vén de publicar un manual sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH) en Andavira. Chama poderosamente a atención que a posibilidade de ser diagnosticado con este trastorno depende do mes de nacemento.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/07/Entre-Manuel-Isorna-TDAH.mp3]

Conversa con Manuel Isorna TDAH

E así tamén poñemos final á oitava tempada en antena na Radio Galega de Efervesciencia. Grazas os que confiaron en nós, os compañeiros técnicos, os mil investigadores que pasaron polos nosos micros nestes 337 programas e o equipazo de colaboradores de Efervesciencia. E sobre todo, o mais importantes, mil grazas os que nos escoitades semana a semana. Ata mais ver, ou mellor dito, ata mais escoitarnos.

Aquí tes o programa completo ao teu dispor:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/07/EFERVESCIENCIA-18_07_15.mp3]

Descargar Efer 337  (18-7-15)

 

Noite Efervescente en Forcarei

Observatorio de Forcarei por Óscar Blanco

l

Por terceiro ano volve a Noite Efervescente, unha festa da astronomía para todos. Nesta ocasión terá lugar lugar o venres 19 de xuño no Observatorio Astronómico de Forcarei. Todos os amigos de Efervesciencia estades convidados. Teremos observación do ceo, coñeceremos como funciona o observatorio e gravaremos unha edición especial do programa. A actividade comezará a partir das 22 horas e a entrada é libre.

l


 

Noite Efervescente é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega e os seus «estreleiros», e no que participan a Agrupación Astronómica IO,  Astronomía na Beirarúa. a Fundación Ceo, Ciencia e Cultura e a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña.

Se queres facerche unha idea do que é unha Noite Efervescente escoita esta reportaxe da primeira edición:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/04/Noite-efervescente-repor.mp3]

Noite Efevescente

Esta foi a presentación da actual Noite Efervescente realizada na sección Guía do Ceo de Irene Baspino e Martin Pawley:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/06/Guía-ceo-maio-15-def.mp3]

Guía do Ceo maio 15

Noite Efervescente 2013 en Os Biocos (Óscar Blanco)

l

Efervesciencia é o programa de divulgación científica da Radio Galega que se emite os domingos ás 3 da tarde. Prisma de Bronce na XXVI edición dos Premios Prismas Casa de las Ciencias á Divulgación. Efervesciencia está patrocinado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Economía e Competitividade.

Efer 307 (21-12-14): Solsticio de inverno en Dombate

Os dolmens foron na época megalítica o que as catedrais na Idade Media: sinalaban onde estaba a riqueza e a puxanza social. No megalitismo, a Costa da Morte debeu ser unha zona socialmente moito mais articulada que calquera outra.

José María Bello

Foto de Rabunho Rexeita

Recollendo unha invitación do Concello de Cabana de Bergantiños realizamos un especial Efervesciencia no Centro Arqueolóxico de Dombate coincidindo co solsticio de inverno. Acompañáronnos o guía de Dombate Lito Eiroa, a Catedrática de Xeografía e Historia no I. B. Monte das Moas Ana Romero Masía, o Catedrático de Electromagnetismo e divulgador Jorge Mira, o músico Pepe Ferreirós de Milladoiro e o noso colabordor Martin Pawley, productor do filme “Costa da Morte“. Astronomía, arqueoloxía, física, música e cinema conflúen neste programa.

No alborexar desa mesma mañá, tres investigadores permaneceron na cámara do monumento orixinal para medir a iluminación do sol do solsticio sobre as pinturas que revisten as paredes internas do dolmen.  E alí estiveron os micrófonos de Efervesciencia rexistrando un documento sonoro único. Tivemos a sorte de poder escoitar ao arqueoastrónomo César González García (INCIPIT-CSIC), ao profesor de investigación Felipe Criado (INCIPIT-CSIC)  e  a  Benito Vilas Estévez, alumno do máster de arqueoloxía da USC.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/Solsticio-en-Dombate.mp3]

Descargar Solsticio en Dombate

No interior da cámara orixinal de Dombate

Desde que en 1987 se realizou a primeira excavación en Dombate dirixida polo arqueólogo José María Bello foi moito o que se aprendeu deste dolmen. Pero aínda quedan preguntas abertas. Como por exemplo que significado ten o petróglifo coñecido como “The thing”. Benito Vilas ten a “hipótese simpática” na escala de Belmonte de que pode ser a constelación de Orión.

Velaquí tes o programa completo listo para escoitar, baixar, compartir,…

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/Efer-307-21-12-14.mp3]

Efer 307 (21-12-14)

 

Lito Eiroa, Jorge Mira, Pepe Ferreirós, César Goldi, Ana Romero, M. Vicente, Martin Pawley, Alberto López

Foto Rabunho Rexeita