Arqueoloxía no libro de visitas de Altamira

SAMSUNG CSC

:

“Esta escritura ha sido creada para entretener a todos esos vagos tocahuevos que solo saben que hacer que leer gilipolleces como estas para pasar el tiempo”

O arqueólogo Xurxo Ayán mergullouse nas 15000 páxinas do libro de visitas das covas de Altamira. Unha auténtica fotografía sen censuras da sociedade española actual e a súa relación co patrimonio. Froito deste traballo naceu o libro “Altamira vista por los españoles” de JAS Arqueología Editorial, unha mestura de ensaio, antoloxía do disparate e muro de facebook.

:

Ondas gravitacionais

Como sabe a terra a que distancia está o sol para sentir a súa atracción?

Pregunta aparentemente parva pero que non o é

Imaxe: ESA–C.Carreau

Imaxe: ESA–C.Carreau

O experimento LIGO vén de detectar as ondas gravitacionais xeradas polo choque de dous buratos negros hai 1300 millóns de anos. Todo un reto científico e tamén tecnolóxico.  Só estivemos preparados para medir ondas gravitacionais cando puidemos medir distancias menores á 10.000 parte dun núcleo atómico e e capacidade computacional para simular eventos extremos empregando as ecuacións da relatividade xeral.

Este descubrimento das ondas gravitacionais foi portada de tódolos xornais, e non é para menos. Cen anos despois da predición de Einstein abrimos unha nova xanela para coñecer o universo. O físico teórico e divulgador José Edelstein contextualiza para Efervesciencia este descubrimento. Sacade as sabas para simular o tecido espazo-tempo.

:

Os 4 novisimos elementos da táboa períodica

 

Iniciamos 2016 con 4 novos inquilinos oficiais na táboa periódica. Son elementos artificiais radioactivos de vida tan efémera que nalgúns casos só se preparou un so átomo! Logo de anos de verificacións a IUPAC decidiu completar a sétima fila da táboa periódica. O catedrático emérito de Química Inorgánica da USC Manolo Bermejo cóntanos todo o que hai atrás destes descubrimentos. Atención ás diferentes versións da canción dos elementos.

Nova-Táboa-Periódica

Efer 317 (1-3-15): Se non crece, saiu da mina

Minas de Touro (Foto Borja Tosar)

Unha profesión pouco coñecida é a de enxeñeiro de minas. Seguro que levas algunha sorpresa ao coñecer o que fan estes enxeñeiros. Conversamos con Benito Vázquez, director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo.

Un dos intereses de Vázquez é que o ensino das ciencias sexa mais práctico e manipulativo. Proba disto é o proxecto de innovación educativa Clickonphysics. Deste xeito proponnos un experimento caseiro: Comprobar as leis de newton lanzando un ovo contra unha saba con todas as nosas forzas. Colga no noso facebook o teu vídeo antes do 7 de abril e participarás no sorteo dun libro de divulgación científica.

Entrevista a  Benito Vázquez

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/03/Entrevista-Benito-Vázquez-def.mp3]

.”En

En “Agora si Portugal” o polifacético divulgador David Marçal preséntanos o seu libro de peto “Pseudociencia“. Esta é unha sección que facemos en colaboración coa asociación Viver a Ciencia.

Agora si Portugal Pseudociencia

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/03/Agora-si-Portugal-pseudociencia.mp3]

.

Resetea é un empresa innovadora que comercializa un kit de autocultivo de setas sobre pousos de café.  Este é o seu primeiro proxecto, pero queren ir mais alá.

Innovando Resetea

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/03/Innovando-Resetea-def.mp3]

 

Luisa Martínez da Unidade de Cultura Científica do CSIC-Galicia preséntanos as actividades que van desenvolver no XVI Salón do Libro Infantil e xuvenil de Pontevedra.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/03/Salón-do-libro-15-CSIC-def.mp3]

Salón do libro 15 CSIC

.

Descarga, escoita e comparte nas redes o programa íntegro

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/03/Efer-317-1-3-15.mp3]

Efer 317 (1-3-15)