Concurso de #tuinguels

tuinguels4

Manda un chío cunha letra pegadiza sobre a cultura científica para que se converta en melodía identificativa (jingle) de Efervesciencia. Envía ata o 12 de outubro o teu tweet co hashtag #tuinguel e citando @efervesciencia, como por exemplo:

 

sin-titulo-1

 

 

Bases do concurso de “Tuingels” de Efervesciencia: Tweet+jingle

  1. O obxecto do concurso é buscar letras para crear dous “jingles” (Peza vocal identificativa) para o programa Efervesciencia. Efervesciencia é un programa de divulgación científica que se emite na Radio Galega financiado pola FECYT e producido pola USC.
  2. Para participar cómpre enviar un chío (tweet) en galego co hashtag #tuinguel e texto do jingle que debe conter obrigatoriamente o nome do programa. Por exemplo: “#tuinguel @efervesciencia doses de ciencia sen contraindicacións”.
  3. O prazo de envío é ata as 24 horas do 12 de outubro de 2016. Non hai restrición no número de chíos (tweets) que pode enviar cada participante.
  4. Un xurado composto polo director de Efervesciencia Manuel Vicente, o compositor Manuel Riveiro e o director do coro Encaixe Manuel Abraldes escollera os dous tuinguels gañadores. Valorarase a concisión, contundencia e orixinalidade das propostas e a identificación do programa coa cultura científica e valores da ciencia. Estes premios poderán quedar desertos.
  5. Os dous tuinguels gañadores serán musicados polo compositor Manuel Riveiro. O compositor poderá facer modificacións sobre o texto encamiñadas a unha mellor adecuación da música.
  6. Os jingles compostos por Manuel Riveiro coa letras dos gañadores do concurso serán interpretados e gravados polo coro “Encaixe” para o seu uso no programa de divulgación científica “Efervesciencia”. Os autores ceden dereito de adaptación, interpretación, gravación e execución dos seus textos ao programa Efervesciencia.
  7. Os gañadores do concurso recibirán como premio un lote de libros de divulgación científica. Entre todos os participantes sortearase unha estadía de fin de semana con almorzo incluído para dúas persoas na Casa de Turismo Rural “Casa da Igrexa”. Por outro lado o tuinguel mais retuiteado gañará un “Bono 20” para acceder aos Museos Científicos Coruñeses.
  8. Calquera aspecto non contemplado nesta normativa pode ser adoptado pola organización.

 

“Todo es cuestión de química” con @deborahciencia

Presentamos en primicia o libro de Deborah García Bello “Todo es cuestión de química” desde un lugar secreto relacionado coa ciencia.

.

Está é a solución ao concurso que lanzamos de #ondeestáDeborah:

.

E a proba definitiva:

.

Efer 309 (4-1-15): Caras

Cando me centro en min,

crece a miña densidade.

Máis masa no mesmo volume

das miñas posibilidades.

Cheo, deixo de flotar.

              João Paiva na obra “Quase poesia, quase química”

James Luscher (CC BY-NC 2.0)

Como é posible que avanzado o século XXI a sociedade sega a dar crédito a historias de monstros en lagos e caras fantasmais en paredes? Conversamos co xornalista Javier Cavanilles autor do libro “Los caras de Bélmez

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/01/Entre-cabanilles-belmez-def.mp3|titles=Entre cabanilles belmez def]

Entrevista Javier Cavanilles

Con SIlvio Mendes, Martin Pawley e Irene Baspino

Agora si Portugal. Argallamos unha tertulia literaria científica aproveitando a visita aos nosos estudios de Silvio Mendes da Asociación “Viver a Ciencia”. Se quedas con ganas aquí tes máis.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/01/Agora-si-Portugal-Xaneiro-15-def.mp3]

Descargar Agora si Portugal (xaneiro 2015)

,

Emitimos sen censurar un fragmento do programa anterior para desvelar cal foi a nosa #trolacientífica do programa de fin de ano.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/01/Soluciòn-brincadeira-14.mp3]

Solución brincadeira 2014

Os nosos estreleiros fannos un avance do que podermos ver nos ceos en 2015, eclipse solar incluída.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/01/Guia-do-Ceo-Xaneiro-15-def-e-despedida.mp3]

Guia do Ceo Xaneiro 15

Velaquí o programa completo listo para compartir nas túas redes, descargar, recomendar,…

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/01/Efer-309-4-1-14.mp3]

Efer 309 (4-1-14)

Efer 252 (6-7-13): Radio, ciencia, arte e leite ecolóxico

En ciencia, como en política ou no amor, un pode posuír os mellores argumentos, e pola contra estar equivocado

Lee Smolin

Foto de Marcos González (CC BY-NC-SA 2.0)

O leite ecolóxico ten menos minerais que o leite convencional. Esta é unha das conclusións dun estudo asinado pola profesora da Facultade de Veterinaria Marta López que nos conta Eva Rodríguez da axencia SINC.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/sinc-leite-orgánico-def.mp3]

SINC leite ecolóxico

Participantes no obradoiro "Comunicar ciencia na radio" (Foto Ramiro Santos)

Este sábado realizamos a terceira edición do obradoiro para  “Comunicar Ciencia na Radio“. Unha experiencia que coidamos moi enriquecedora para os investigadores participantes e tamén para nós.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/Entre-Dago-e-Conchi-Sánchez-I.mp3]

Entrevista a Pablo Dago e Conchi Sánchez I

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/Entre-Dago-e-Conchi-Sánchez-II.mp3]

Entrevista a Pablo Dago e Conchi Sánchez II

Cimadevila coa descubridora dos púlsares Jocelyn Bell

Margarita Cimadevila preséntanos a creación da asociación “Ars Ciencia” e o percorrido do seu traballo “Ciencia EX AEQUO“.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/cimadevila-bell-def.mp3]

Conversa con Cimadevila

Electróforo de volta e pel de gato
Electróforo de volta e pel de gato

Con David Ballesteros facemos a segunda parte da fabricación do electróforo caseiro.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/ballesteros-SOLUCION-ESTATICA-def.mp3]

Solución electróforo

Nesta edición tamén falamos da empresa innovadora Torus. Velaquí podes escoitar e descargar o programa completo:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/EFER-252-6-7-13.mp3]

Descargar Efer 252 (6-7-13)