Historia dunha taza de váter

Unha tecnoloxía que cambiou as nosas vidas é o nunca abondo valorado inodoro. Bibiana García Visos reivindica o W. C. na súa sección  Ciencia de Andar por Casa.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/10/BIBIANA-INODOROS-def.mp3|titles=BIBIANA INODOROS def]

Descargar Historia dunha taza de váter

Efer 255 (28-9-13): Catalizando talento

Sen catálise, a química sería como unha espada sen empuñadura, unha luz sen brillo, unha campá sen son

Alwyn Mittasch

Dentro do VII Programa marco de I+D da Unión Europea o Consello Europeo de Investigación (ERC), ten a misión de investir nas mellores ideas de Europa. O ERC busca os mellores entre os mellores. A ciencia mais rompedora e futurista. Na edición de 2013 só 8 proxectos españois liderados por investigadores seniors conseguiron financiamento de 144 concedidos en todo o continente. E témola sorte de conversar co único investigador galego que ten merecido unha destas selectas “advanced grants” do ERC: José Luis Mascareñas.

Mascareñas é catedrático de Química Orgánica na Universidade de Santiago e desenvolve as súas investigacións no CIQUS. No proxecto do ERC o noso invitado levará os seus catalizadores sintéticos ao interior de células vivas.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/10/entre-mascareñas-web.mp3|titles=entre mascareñas web]

Entrevista a Mascareñas

 

Eric Cornell con Jorge Mira en Fonseca

Para deseñar novas nanomáquinas e nova electrónica os enxeñeiros necesitan tocar e manipular os fenómenos cuánticos. Grazas ó descubrimento de Eric Cornell en 1995 dos condensados de Bose-Einsten a temperaturas ultrafrías isto xa é posible. Sazonamos esta edición efervescente con 3 cortes da rolda de prensa en Fonseca do Nobel de Física 2001 Eric Cornéll, que visitou Santiago este mes invitado polo programa ConCiencia da USC. As traducións en directo son Jorge Mira, o artífice do programa ConCiencia.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/10/Cornel-1.mp3|titles=Cornel 1]

Cornell 1

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/10/Cornel-2.mp3|titles=Cornel 2]

Cornell 2

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/10/Cornel-3.mp3|titles=Cornel 3]

Cornell 3

 

Con este programa iniciamos a sétima tempada de Efervesciencia na Radio Galega. Outras doses de ciencia desta edición son a  “Historia dunha taza de váter” en Ciencia de Andar por Casa, e “Bacterias para estar delgado” no Circo de Bacterias. Velaquí podes escoitar e descargar o programa 255 completo:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/10/efer-255-28-9-13.mp3|titles=efer 255 (28-9-13)]

Descargar Efer 255 completo

 

Uns pican e outros non…

Foto Xornal Certo (CC BY-SA 2.0)

Por que pican os pementos? Cal é o mellor remedio para a sensación de ardor? Cal é o pemento mais picante? E xa que estamos, como se mide o amargor dunha cervexa? Unha vez máis a nosa científica mais caseira, Bibiana García Visos, axúdanos a resolver estas preguntas tan candentes.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/BIBIANA-PEMENTO-def.mp3]

Descargar Pementos en Ciencia de Andar por Casa

 

Chocolate e velocidade da luz

Por que cando se nos funde unha tableta de chocolate logo non recupera a súa forma orixinal? Que queren dicir as etiquetas cando falan de porcentaxe da cacao? Como se elabora este manxar dos deuses? A estas preguntas dá resposta a nosa científica mais caseira, Bibiana García Visos.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/10/Bibiana-chocolate-def1.mp3]

Chocolate en “Ciencia para andar por casa”

 

A David Ballesteros propuxémoslle un reto, facer un experimento co chocolate do que nos falou Bibiana.  E el invitounos a medir a velocidade da luz con so tres elementos domésticos: unha tableta de chocolate, unha regra e un forno microondas.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/10/Ballesteros-luz-microondas-chocolate-def1.mp3]

Medir a velocidade da luz con chocolate

Con esta fórmula obtemos a velocidade da luz en cm/s. Para tela en m/s só cómpre dividir esta cifra entre 100. Mándanos a túa medición da velocidade da luz cunha foto e comentario ao noso facebook, e poderás recibir un dos nosos agasallos.