Efer 346 (13-3-16): Dendroarqueoloxía

As árbores son moi tímidas, so crecen cando non as estamos a mirar

José Saramago

A dendrocronoloxía é algo mais que contar aneis nas árbores. A dendroarqueóloga da USC Marta Domínguez Delmás estuda a orixe e datación de restos arqueolóxicos de madeira empregando técnicas dendrocronolóxicas. Esta investigadora participa na acción Marie Sklodowska-Curie ForSeaDiscovery que pescuda o uso da madeira dos imperios ibéricos na Época dos Descubrimentos.

Marta inspeccionando o pecio do Triunfante

Por outro lado Marta Domínguez ven de publicar en PNAS unha validación de naufraxios como proxy dos furacáns no Caribe. Con sorpresa climática incluída.

 

Bibiana García Visos axúdanos a coñecer a ciencia que hai nas nosas casas. Vos decatastes que estamos rodeados de resortes?

 

Presentamos o libro de Jorge Mira: ¿A que altura está o ceo? desde un lugar que só desvelaremos coa axuda dos nosos oíntes.

Efer 311 (18-1-15): Bateas para bacterias e transporte intelixente

Nada hai mais importante que ver os camiños da inventiva, que son, na miña opinión mais importantes que as invencións mesmas

Leibniz

I-chip en acción

Na guerra sen cuartel contra as bacterias patóxenas contamos cunha nova arma: a “batea” que permite cultivar no laboratorio ás bacteiras do chan. Un novo episodio do  “Circo de Bacterias” de Esteban Fernández Moreira.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/01/Circo-Bacterias-Teixobactina-def.mp3]

Descargar Circo de  Bacterias Teixobactina

Foto Joy Lin (CC BY-NC-SA 2.0)

Pablo García Vilariño é enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos pero non constrúe obra civil, senón que se dedica ao que el chama a sicoloxía das infraestructuras. Vilariño analiza a influencia das infraestruras nos desplazamentos das persoas. As veces mais estradas non significa mellores desprazamentos. García Vilariño é bolseiro Barrié.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/01/Entre-Pablo-García-VIlario-DEF.mp3|titles=Entre Pablo García VIlario DEF]

Descargar entrevista  Pablo García Vilariño

Foto Kate McCarthy (CC BY-NC-SA 2.0)

Para tinguir o pelo se precisa moita mais química da que pensamos. Afortunadamente xa non utilizamos aceite de vitriolo, ou tamén coñecido como ácido sulfúrico. Esta é a Ciencia para andar por Casa de Bibiana García Visos.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/01/Ciencia-andar-casa-TInguiduras-def.mp3]

Ciencia para andar por  casa: Tinguiduras

Completa o programa a nova Postal Planetaria de Borja Tosar. Aquí tes o programa completo para escoitar e compartir aos 4 ventos.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/01/Efer-311-18-1-15.mp3]

Descargar Efer 311 (18-1-15)

Efer 281 (19-4-14): Paneis solares flexibles e baratos

O sol ó redor do que xiran tantos planetas non esquece de madurar un acio de uvas

Galileo Galilei

Foto Mariano Campoy

A enerxía que chega do sol á terra nunha hora é abonda como para cubrir as necesidades enerxéticas de toda a humanidade durante un ano. Un dos motivos de por que non temos os nosos tellados inzados de paneis solares fotovoltaicos é que son caros en comparación con outras fontes de enerxía.

Pero, que pasaría se aparecese unha nova tecnoloxía de fabricación de paneis solares que abaratase 10 veces o seu prezo? Nisto esta a traballar o noso invitado desta semana, Mariano Campoy, que é científico titular do CSIC no Instituto de Ciencias de Materiais de Barcelona.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/04/entre-mariano-campoy-def.mp3]

Entrevista a  Mariano Campoy

Mariano Campoy na Galega (esquerda)

Ciencia e arte

Marta de Menezes é unha artista plástica portuguesa que emprega como estudio de arte os laboratorios científicos. Davide Angheleddu é un arquitecto italiano que crea modelos virtuais de radiolarios inspirados no libro Kunst-Former der Natur de Erenst Haeckel para logo imprimir esculturas metálicas reais. A italiana Marilena Streit-Bianchi é membro senior honorario do Cern e comisaria da exposición “A orixe. Unha viaxe pola ciencia e a arte”.