Efer 252 (6-7-13): Radio, ciencia, arte e leite ecolóxico

En ciencia, como en política ou no amor, un pode posuír os mellores argumentos, e pola contra estar equivocado

Lee Smolin

Foto de Marcos González (CC BY-NC-SA 2.0)

O leite ecolóxico ten menos minerais que o leite convencional. Esta é unha das conclusións dun estudo asinado pola profesora da Facultade de Veterinaria Marta López que nos conta Eva Rodríguez da axencia SINC.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/sinc-leite-orgánico-def.mp3]

SINC leite ecolóxico

Participantes no obradoiro "Comunicar ciencia na radio" (Foto Ramiro Santos)

Este sábado realizamos a terceira edición do obradoiro para  “Comunicar Ciencia na Radio“. Unha experiencia que coidamos moi enriquecedora para os investigadores participantes e tamén para nós.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/Entre-Dago-e-Conchi-Sánchez-I.mp3]

Entrevista a Pablo Dago e Conchi Sánchez I

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/Entre-Dago-e-Conchi-Sánchez-II.mp3]

Entrevista a Pablo Dago e Conchi Sánchez II

Cimadevila coa descubridora dos púlsares Jocelyn Bell

Margarita Cimadevila preséntanos a creación da asociación “Ars Ciencia” e o percorrido do seu traballo “Ciencia EX AEQUO“.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/cimadevila-bell-def.mp3]

Conversa con Cimadevila

Electróforo de volta e pel de gato
Electróforo de volta e pel de gato

Con David Ballesteros facemos a segunda parte da fabricación do electróforo caseiro.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/ballesteros-SOLUCION-ESTATICA-def.mp3]

Solución electróforo

Nesta edición tamén falamos da empresa innovadora Torus. Velaquí podes escoitar e descargar o programa completo:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/EFER-252-6-7-13.mp3]

Descargar Efer 252 (6-7-13)

Efer 251 (29-6-13): Medicamentos que se activan con luz

A química orgánica actual basta para tolear a calquera. Tense a impresión de estar ante un bosque tropical primitivo repleto dos seres mais singulares, unha monstruosa espesura sen posibilidade de escape e que inspira terror ó entrar

Friedrich Wöhler

Susana Ladra é doutora enxeñeira en informática e especialista en big data. Ven de gañar o premio Ada Byron do Colexio Profesional de Enxenaría Informática de Galicia.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/SUSANA-LADRA-def.mp3]

Entrevista a Susana Ladra

En ocasións fármacos moi eficaces eliminando células canceríxenas tamén son extremadamente tóxicos. Unha estratexia enseñosa é deseñar medicamentos que se administren ao doente nunha forma inocua, e que logo unha vez cheguen ao tumor se activen simplemente iluminando o tecido con luz.  Na sinstese deste tipo de substancias investigan no Departamento de Química da Universidade de Warwick no Reino Unido, onde grazas a unha bolsa Barrié traballa como investigadora de postdoutoramente  María Xosé Romero.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/entre-maria-xose-romero-def.mp3]

Entrevista a  María Xosé Romero

A constelación Humsat dará cobertura humanitaria á ONU a través da rede GENSO

Está previsto que no vindeiro novembro se poña en órbita o picosatélite Humsat-D desde o cosmódromo de Dombarovsky, preto da vila de Yasni en Rusia nun cohete Dnepr-1. O equipo da Universidade de Vigo creador deste satálite demostrativo xa ten os deberes feitos do que pode ser o primeiro artiluxio dunha constelación de satélites humanitarios. Este grupo de investigadores e alumnos coordinado por Fernando Aguado tamén son responsables do exitoso Xatcobeo, que por certo segue a orbitando a terra emitindo o seu asubío característico.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/CONTA-ATRÁS-HUMSAT-DEF.mp3]

Conta atrás Humsat D

Complementa esta edición efervescente un novo experimento de David Ballestero, a contrución dun electróforo.

Velaquí o podcast íntegro do progrma:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/efer-251-29-6-13.mp3]

Efer 251 (29-6-13)

Experimenta co teu electróforo

Electróforo de Volta do Seminario de Mondoñedo ca. 1885 (Foto "A noite está varrida da terra" Consello da Cultura Galega)

Desta volta David Ballesteros proponnos xogar coa electricidade construíndo un electróforo con cartón, papel de aluminio e un vaso de plástico. Para cargalo cómpre que fretes con lá un plástico, que pouses o electróforo sobre o plástico e toques un segundo cun dedo o electróforo. Logo debes manexar o aparello polo vaso de plástico. Lembra que o aparello carga mellor os días secos.

Mándanos unha foto (ou vídeo) do teu experimento antes do 12 de xuño  5 de xullo ao noso facebook. A mellor achega gañará un agasallo efervescente.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/BALLESTEROS-ELECTROFORO-DEF.mp3]

Contrución electróforo

Efer 234 (9-2-13): Angelita e Angel

A inmortalidade é unha fantasía, un xeito de esquecer a realidade. O que importa mentres estamos aquí é a vida, a xente, abrazar ó amigos, vivir feliz e intentar cambiar o mundo

Óscar Niemeyer

A gran innovación dos soportes de lectura electrónica é que cun so dispositivo pódense ler infinitos contidos. Este concepto inventouno e patentouno hai 70 anos unha mestra ferrolá Ángela Ruíz Robles, Doña Angelita. A redactora da axencia SINC Eva Rodríguez lémbranos á xénese do libro mecánico e entrevista ao neto da inventora, Daniel González de la Rivera.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/SINC-ANGELA-RUIZ.mp3]

SINC Ángela Ruíz Robles

Anxela co prototipo do seu libro que actualmente pode verse no MUNCYT na Coruña

 

Para nós foi todo un privilexio poder contar nos estudios da Radio Galega en San Marcos cun dos meirandes investigadores galegos actuais: Ángel Carracedo. Carracedo é catedrático de medicina legal, director do grupo de Medicina Xenómica da USC e da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. Con el tivemos o gusto de conversar sobre xenética forense no que son líderes mundiais, da súa etapa en Uppsala como “primeiro” bolseiro Barrié, de farmacoxenética, do programa Diana, de educación, das bases de datos xenéticas e a súa privacidade, de bioética, e de patentabilidade das técnicas xenéticas. Aproveitamos ao máximo a xenerosidade do profesor Carracedo de concedernos o seu tempo.

A entrevista emitímola en antena en dúas partes:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/ENTRE-CARRACEDO-2013-PARTE-1.mp3]

Entrevista a Carracedo parte 1

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/ENTRE-CARRACEDO-2013-PARTE-2.mp3]

Entrevista a Carracedo parte 2

Para os que queirades escoitar a versión orixinal estendida da conversa con Angel Carracedo podédela escoitar aquí:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/ENTRE-CARRACEDO-2013-EXTENDIDA.mp3]

Entrevista a Carracedo estendida

Ángel Carracedo con Marta Vila

 

David Ballesteros dános a solución aos experimento con ovos que formuláramos no anterior programa de Efervesciencia.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/Solución-Ovos.mp3]

Descargar solución ovos

Ovo de prata de Andrea González

 

Velaquí podes escoitar e descargar o programa completo:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/EFER-234-9-2-13.mp3]

Descargar programa completo