Programa 20 (4-3-07): V Xornadas de Novos Investigadores – Bilbao 07. 2

Todos pensamos que detrás do MP3 ou do GPS hai grandes avances tecnolóxicos. É certo. Pero non serían viables de non ser polas contribucións de Fourier (1768-1830). Grazas aos resultados deste físico e matemático francés é posible traballar con sinais dixitais de imaxe, son, video, datos… Sobre estas cuestións xirou o relatorio “MP3, GPS,…Fourier” que impartiu o matemático da Complutense José M. Martínez Ansemil no ciclo “Unha andaina pola matemáticas“.

Efervesciencia estivo nas “V Jornadas de Jóvenes Investigadores” organizadas pola Federación de Jóvenes Investigadores-Precarios en Bilbao. Conversamos con Raquel Portela, actual presidente da FJI, e con Xosé Afonso Álvarez, ex-presidente desta federación. Ámbolos dous galegos.

Xosé Afonso Álvarez.

Xosé Afonso Álvarez.

Aproveitamos a presenza de Xosé Afonso Álvarez nos estudos da Radio Galega para coñecer o que é a xeolingüística, e para formular a pregunta do concurso. Que animal recibe estes nomes en galego: luz do camiñante, olliño da noite e vella que alumea?

Lampyris noctiluca
Lampyris noctiluca (Fonte: Wikipedia)

2 thoughts on “Programa 20 (4-3-07): V Xornadas de Novos Investigadores – Bilbao 07.

  1. Henrique Mar 7,2007 3:17 a.m.

    Está claro que é un lucecú ou vagalume. Só un apuntamento: os ‘apelidos’ científicos van sempre con minúscula. Tanto ten que sexan características da especie coma nomes propios (o apelido do descubridor, o nome da localidade na que se atopou,…).

  2. Manuel Mar 8,2007 10:13 a.m.

    Moitas grazas pola corrección.

Comments are closed.