Guía do Ceo do verán 2020: Estrela Rosalía, Covid, Cometa,…

Desde a Casa Museo de Rosalía de Castro o noso estreleiro Martin Pawley conversa con Anxo Angueira. Deste xeito coñecemos o ceo nocturno que non nos podemos perder este verán. Estade moi atentos ás recomendacións de hixiene ante a Covid.

Como complemento, Irene Baspino e Martin Pawley prepararon esta guía visual que nos pode ser de valiosa axuda para nos orientar no firmamento estival.

O-ceo-do-verán-EFERVESCIENCIA-2020_v3

Obradoiro comunicar ciencia na radio. Prazas limitadisimas.

Convocamos a novena edición do noso obradoiro de radio para investigadores, tecnólogos, innovadores, divulgadores,… Por motivos de seguridade só podemos ofrecer 4 prazas e dúas reservas. Realizarase nos estudos de Radio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o venres 24 pola mañá. En todo momento se manterá unha distancia interpersoal mínima de 2 m. O uso correcto da máscara é obrigatorio.

Podes apuntarte cubrindo este formulario ou escribíndonos a efervesciencia(pon aquí a arroba)gmail.com

Actualización 23-7-20: Prazas e reservas completas

Efer 520 (25-6-20): Anatomía do escándalo do LANCET e a hidroxicloroquina

(2:40) Alberto García Besteiro xunto cos seus compañeiros Carlos Chacour e Joe Brew destapou o escándalo do “LANCET Gate”. O supostamente artigo “definitivo” que desbotaba o uso da hidroxicloroquina contra a Covid tivo que ser retractado desta importante revista medica. A base de datos do estudo semella ter sido inventada. Alberto García-Basteiro é investigador de ISGlobal e do Centro de Investigación en Saúde de Manhiça en Mozambique. Con el debullamos o “LancetGate” e coñecemos o traballo contra a tuberculose en África.
(28:22) Roberto Barcala coordina o grupo de investigación en socorrismo REMOSS da Universidade de Vigo. Veñen de estudar como se deben de adaptar as actuacións dos socorristas nas praias na era Covid.
(40:18) Luisa Martínez da UCC do CSIC-Galicia encargou unhas novas pílulas de coñecemento en YouTube a Rony Flamingo (Carlos Godoy) durante o confinamento.

 

Efer 518 (10-6-20): Faladoiro oceánico desde o Centro de Investigacións Mariñas

[Versión estendida] Celebramos o Día Mundial do Océanos desde a illa de Toralla na ría de Vigo convidados polo Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo. Desde o ECIMAT conversamos sobre a economía azul e sostenibilidade dos océanos con Belén Rubio (vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo), Fran Ramil (zoólogo mariño do grupo de Bioloxía Ambiental), Moncho Gómez Gesterira (EPHYSLAB) e María Pérez Lorenzo (técnica de investigación do grupo de Oceanografía Biolóxica).
Tamén interveñen Daniel Rey, director do CIM, e Alba Hernández, técnica de divulgación do CIM.