Pensaches no…

Despois de escoitar integramente a tertulia que tivemos na Illa de San Simón no Neuromagic, podes pinchar aquí para que adivinemos o número que pensaches.

Entrada publicada en Outros | Etiquetas: | Deixar un comentario

Reto efervescente: Gaña unha estadía na Casa da Igrexa

Este texto de Henrique Neira é o gañador do certame  Inspiraciencia  na categoría de microrelatos en galego.

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Descarga UCHRONIA LABS

Es quen de identificar todos os científicos que aparecen neste microrelato? Escríbenos a efervesciencia(arroba)radiogalega.es coa túa lista indicando nome e apelido dos científicos que recoñezas. Por exemplo, cando se nomea a «Albert» a resposta correcta é «Albert Einstein». A persoa que consiga identificar mais científicos antes do 17 de maio gañará un bono agasallo dunha noite en habitación dobre con almorzo incluído na casa de turismo rural Casa da Igrexa de Arzúa.

Iremos colgando aquí o ranking dos concursantes con maiores acertos. En caso de empate efectuaremos un sorteo pra dirimir o afortunado ou afortunada.

Por certo, na versión que fixemos de «Uchronía Labs» cometemos unha errata, se a atopas sumarémoslle 3 puntos os científicos que atopes na túa lista.

Por último, queremos agradecer a Henrique Neira que nos permitise empregar a súa obra para este concurso.

Bono Casa da Igrexa

Entrada publicada en Concurso | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Programa 206 (5-5-12): XVII Día da Ciencia na Rúa

A plasticidade sináptica esculpe o cerebro de cada un de nós. A educación, a experiencia e o adestramento converten cada cerebro nunha obra única.

Marc Jeannerod

Foto: Xoán Xosé Vicente

Este sábado vivimos toda unha festa da ciencia. As rapazas e rapaces, que durante todo o ano reciben explicacións e ensinanzas dos seus profesores, cambian por un día de rol e convértense en excelentes divulgadores da ciencia. Nenos ensinando a maiores. Brillo de satisfacción nos seus ollos.

Este foi o programa que fixemos desde o parque de Santa Margarida na Coruña no XVII Día da Ciencia na Rúa que organiza a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Descargar programa completo

 

Entrada publicada en Concurso, Programas | Etiquetas: , | Deixar un comentario
  • Colaborador - Fundación Barrié

  • Axenda científica

  • Histórico

  • efervesciencia(arroba)radiogalega.es

  • Podcast

    Efevesciencia en iTunesPodcast de EfervescienciaRadio Galega